Nota de prensa
A CONFRARÍA DE PESCADORES ORGANIZA A XORNADA GASTRONÓMICA DO PEIXE DE BURELA
BURELA EXALTA A CALIDADE DO SEU PEIXE CON UNHA DEGUSTACIÓN DE POLBO, PESCADA, PEIXE SAPO E BONITO DO NORTE
A Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) organiza esta sábado 10 de setembro a primeira edición da Xornada Gastronómica Peixe de Burela, coa que se pretende promover a calidade das principais pesquerías ás que se dedica a frota deste porto da costa de Lugo.
O evento nace coa idea de repetirse cada ano, ofrecendo a todos os asistentes a posibilidade de degustar un exquisito menú composto de varias clases de peixe a prezos populares.
O menú desta primeira edición consta de polbo encebolado, salpicón de pescada, peixe sapo en salsa e bonito do norte en marmitako; e poderá adquirirse por 7,50 euros, aínda que se se compra por adiantado, tanto na Confraría de Pescadores como no restaurante Palacio de Cristal (Burela), o prezo resulta un euro máis barato.
Esta xornada gastronómica celebrarase na nave de redes do porto de Burela e estará amenizada por un grupo de gaitas local. A festa empeza ás 12 da mañá e manterase aberta ata que se esgoten os 3000 menús que se prepararán.