Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela tramitará o consello municipal da Xuventude e unha declaración de interese da zonde Castrelo O Perdouro

Nota de prensa

Nota de prensa

O CONSELLO MUNICIPAL DA XUVENTUDE E A DECLARACIÓN DE ESPAZO DE INTERESE LOCAL PARA A ZONA XEOLÓXICA DE CASTRELO-O PERDOURO SON ALGÚNS DOS ASUNTOS QUE SE ABORDARÁN NO PLENO ORDINARIO PREVISTO PARA O VINDEIRO XOVES NO CONCELLO DE BURELA.

Burela, 23 de setembro de 2011. No pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves, 29 de setembro, no Concello de Burela abordaráse a creación da Consello Municipal da Xuventude e o inicio dos trámites para a declaración como espazo natural de interese local para a zona xeolóxica de Castrelo-O Perdouro.

O alcalde, José María González Barcia, explicaba esta mañá que “un dos puntos que se someterán a aprobación será a inclusión no rueiro municipal dos topónimos de certas rúas e camiños, que non estaban aí e se adopta o acordo para facilitar os posibles trámites dos propietarios das fincas”. Trátase da rúa do Cantiño, Camiño do Foxo, pista da Fonte do Corvo, Camiño dos Corvos, Camiño Tralaira, Camiño a Vilar, Camiño das Laxas e Camiño do Camiñeiro.

Na sesión plenaria prevista para as 20 horas someteráse a aprobación inicial o regulamento do Consello Municipal da Xuventude. “Parécenos fundamental que a xuventude burelesa teña uns cauces de participación para expresar as súas inquedanzas e facerlle propostas ao Concello sobre as actuacións que se poden programar para os xóvenes”, explicou o rexedor.

González Barcia tamén comentou que “a este pleno levamos outro asunto importante que é o inicio dos trámites para a declaración como espazo natural de interese local para a zona xeolóxica de Castrelo-O Perdouro. Quero lembrar que o bipartito fixera un intento de iniciar os trámites, pero mal enfocado porque se dirixira á Dirección General de Costas cando a competencia é da Consellería de Medio Ambiente da Xunta. Agora nós imos facer as cousas ben.” E engadiu que “se trata dun paso importante para potenciar o noso sector turístico e demostra a implicación que temos coa protección da nosa riqueza xeolóxica e por extensión de todas as nosas capacidades medioambientais. Imos confiar que no prazo de dous ou tres meses poidamos remitir ese expediente á Xunta”.

Exit mobile version