Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo fixo melloras no campo de fútbol de San Cibrao por valor de 6.000 euros

Nota de prensa:
O CONCELLO INVISTE 6.000 EUROS EN OBRAS DE MELLORA NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE A VEIGA

Os traballos consistiron na mellora da iluminación, así como na adecuación dos accesos e o cambio das porterías do campo de fútbol.

Cervo, 21 de setembro de 2011.- O campo municipal de A Veiga ven de recibir nos últimos días unha serie de melloras por valor de 6.000 euros nas súas instalacións procedentes das arcas municipais. Así o deu a coñecer hoxe o alcalde cervense, Alfonso Villares.

As obras consistiron na mellora da iluminación, así como na adecuación dos accesos e o cambio das porterías do campo de fútbol. Segundo indicou Villares, estes investimentos súmanse aos traballos de mantemento e mellora que fai habitualmente o Concello nas instalacións municipais de todo o termino municipal e aproveitou para lembrar que o ano pasado o Goberno local xa investira 9.000 euros máis nos traballos de resembra do céspede deste campo de fútbol.

O alcalde asegurou tamén que para o Goberno local o Deporte supón “unha aposta fundamental” no seu ámbito de xestión e lembrou que dende o Concello “faise un esforzo continuo para ter en boas condicións as innumerables instalación deportivas municipais das que dispoñen todos os nosos veciños”. Ademais, salientou a boa relación existente co Club Deportivo San Ciprián, entidade encargada da xestión desta infraestrutura municipal. “Os traballos de mellora no campo da Veiga xorden da estreita comunicación que mantemos cos responsables do Club Deportivo San Ciprián, algo que para nós é imprescindible para lograr entre todos materializar unha xestión dos recursos eficaz, neste caso no eido deportivo” indicou.

Por último, Villares dixo novamente que este investimento realizado no campo de A Veiga forma parte da mellora das distintas infraestruturas deportivas municipais coas que conta Cervo. “É unha aposta importante que levamos facendo dende hai tempo con outras actuacións semellantes en instalacións coma a piscina de Lieiro ou noutras instalacións públicas das que dispoñemos. Este esforzo complementase, ademais, co noso apoio ao fomento da práctica deportiva a través das escolas municipais. E todo co único obxecto de que tódolos cervenses podan practicar deporte nunhas instalacións deportivas de calidade”.

Exit mobile version