Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo inicia a recadación do IBI con atraso debido á transferencia desta xestión á Deputación

Nota de prensa

O CONCELLO TEN ABERTO O PRAZO PARA PAGAR O IBI

Cervo, 20 de setembro de 2011.- O Concello de Cervo, a través do Servizo Provincial de Recadación da Deputación de Lugo, sacou ao cobro en el período voluntario, desde o pasado 15 de setembro e ata o 15 de novembro, o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, rústica e de características especiais.

Segundo precisou o alcalde, Alfonso Villares, este ano o período de cobro destes tributos sufriron un atraso duns meses debido á transferencia desta xestión á Deputación provincial. O rexedor explicou que as persoas que teñan os recibos domiciliados nas entidades bancarias non terán que realizar ningunha tarefa, pois o recibo irá directamente á súa entidade; mentres que os que non teñan os recibos domiciliados recibirán do Servizo provincial de Recadación da Deputación as correspondentes cartas de pago nos seus fogares a través de Correos. “Con esa documentación deberán realizar o pago en calquera oficina de Nova Caixa Galicia” puntualizou.

“Dende o Concello de Cervo queremos insistir en que si algún veciño tivera algunha dúbida ou problema; ou non lle chegara a documentación de pago da Deputación Provincial, vaia ás oficinas de recadación e intervención municipal, onde se lles atenderá oportunamente” rematou o alcalde cervense.

Exit mobile version