Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo ten aberto o prazo para solicitar axudas de transporte os alumnos que estudan fóra do concello

Nota de prensa:

O CONCELLO LEMBRA QUE PERMANECE ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS DE TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS DE ENSINANZAS NON OBRIGATORIAS E SUPERIORES QUE CURSAN ESTUDOS FORA DO MUNICIPIO

A data límite para formalizar as solicitudes remata o vindeiro 30 de setembro

Cervo, 22 de setembro de 2011.- A concellería de Educación do Concello de Cervo ven de informar que o vindeiro 30 de setembro remata o prazo de solicitude das axudas municipais de transporte escolar para alumnas/os do Concello de Cervo que cursen, fora do termo municipal e nalgún centro público estatal, algún dos estudios que non se imparten no Concello de Cervo:

Educación secundaria postobrigatoria:
Bacharelato (modalidade de artes)
Formación profesional de grao medio
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
Ensinanzas deportivas de grao medio
Educación superior:
Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
Ensinanzas artisticas superiores
Formación profesional de grao superior
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
Ensinanzas deportivas de grao superior
Ensinanzas impartidas en conservatorios de música (novidade nesta convocatoria)

Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas).

REQUISITOS:

A unidade familiar deberá estar empadroada e ter residencia efectiva permanente no Concello de Cervo con a lo menos un ano de antigüidade
Convivir, nesa unidade familiar, as/os alumnas/os para as/os que se solicita as axudas
Estar cursando ou ter fillas/os cursando algún dos estudios indicados anteriormente nalgún centro educativo público estatal, no curso 2010-2011 e terse presentando a lo menos ó 50% das materias correspondentes á matricula do citado curso
A renda per cápita familiar non superará o valor do 150% do IPREM para o ano 2011
Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e/ou Estatal, así como da Seguridade Social
Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Cervo.

DOCUMENTACIÓN

Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.
Fotocopia do libro de familia.
Certificación do Nivel de Renda en IRPF correspondente ó exercicio 2010 de tódolos membros computables da familia que obtiveran ingresos de calquera natureza.
Certificación do centro educativo que acredite que ato alumna/o está matriculada/o e asiste ás clases no curso académico 2010-201.
Copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado alomenos ó 50% das materias correspondentes á matricula no curso 2010-2011.
Nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.
As familias interesadas en ser beneficiarias das axudas deberán dirixirse a cubrir a correspondente solicitude no Rexistro Xeral da Casa do Concello en Cervo, acompañadas da documentación requirida.

Dende a concellería de Educación do Concello de Cervo lémbrase que este é o segundo ano consecutivo no que se pon en marcha esta liña de axudas de carácter educativo. Na anterior convocatoria (ano 2010) beneficiáronse destas subvencións municipais un total de 17 alumnos (11 estudantes do concello de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior en diversos institutos da comarca e doutras localidades como A Coruña. Así mesmo houbo 6 estudantes universitarios nos campus da Coruña, Santiago e Oviedo).

Exit mobile version