Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausuráronse os dous cursos que se impartiron dentro do proxecto teatral Buxiganga en Burela

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA ENTREGOU OS DIPLOMAS AOS ASISTENTES AO CURSO DE INTERPRETACIÓN IMPARTIDO POR LUCÍA REGUEIRO

Hoxe tamén se clausurou o curso impartido por Avelino González no Museo de Lugo

BURELA, 24 de setembro de 2011. Esta tarde clausuráronse os dous cursos que se impartiron dentro do proxecto teatral Buxiganga neste mes de setembro. Por unha banda, finalizou no Museo de Lugo o de Comedia da Arte impartido por Avelino González, e por outra, o que Lucía Regueiro ofreceu en Burela. A entrega de diplomas deste último realizouna Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación.

O curso de Interpretación tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura desta localidade no horario de 10.00 a 15.00 horas os sábados de setembro, e foi moi ben acollido polas persoas vinculadas ao teatro da Mariña, a xulgar pola alta participación: todas as prazas foron cubertas. Hai que destacar que Lucía Regueiro é unha actriz de gran prestixio dentro do audiovisual galego, ademais de participar habitualmente nas montaxes de Teatro do Atlántico, unha compañía histórica dentro do circuíto galego.

Exit mobile version