Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a liga da billarda co terceiro Aberto do Bonito o sábado en Burela

Nota de prensa

Remata o verán, billardas e palans a punto

O reto billardeiro “Billardeiros Musicais” + “Os outros” Vs. “Selección resto do mundo” no V Trofeo Festas Patronais de Ribadeo, finalmente xogouse en formato de Aberto dado que foron moitas e notables as ausencias de palanadores de fora da Mariña, debido os diversos torneos que proliferan como fungos por tódolos recunchos da nosa terra.

Nembargantes non estivo falto de emoción xa que o terreo de xogo, o campo de futbol do CEIP Gregorio Sanz, se prestaba as sorpresas e engadía un plus de dificultade para atinarlle a billarda.

Con 14 puntos resultou gañador Guille de “Os Outros” e polo segundo posto loitaron Reyes, Xermán e Daniel, todos eles con 13 puntos. Foi o palanador dos Billardeiros Musicais, Daniel, o que non deu opción aos seus rivais deportivos e subiu o caixon dos gañadores.

Nembargantes a pretempada ainda tivo un aberto mais. O sábado 10 celebrouse en Cospeito o “2º Torneo da Ra da Lagoa” e foi aquí donde Reyes se tomou cumprida vinganza das derrotas sufridas ante Daniel e nunha final moi competida, a vixente “Campiona Nacional” fixoo morder o polvo convertíndose con toda xustiza na RA…(iña) Maior da Lagoa de Cospeito.

Desde xeito deuse por finalizada a pretempada e xa o vindeiro sábado comeza oficialmente a liga regular na Conferencia Norleste ca disputa da 1ª xornada no 3º Aberto do Bonito de Burela.

Ata o de agora estan confirmados para loitar polo campionato do Norleste os equipos seguintes: Os Outros e Billardeiros Musicais, de Ribadeo; Remourelle Bulls, de Remourelle; Ekipa-Bítere-Mobles Folgueira, con sede maioritaria en Barreiros; Troitas Bravas e Paus de Toxo, de A Pontenova; M de Meira, de Meira e Madia Leva, de Lugo. Existen moitas posibilidades de que tamen entren na competición O Cadaval, de Castro de Riberas de Lea e outro equipo da terra chá. Un calendario moi esixente con 11 xornadas puntuables na liga regular e a maiores os xá míticos torneos como a copa Cantábrica, o All Stars, o Xerro do Salnés e outros.

A serpe multicolor da LNB (Liga Nacional de Billarda) espállase como o lume que prende na palla e medra sen prisa pero sin pausa, xunguindo ó seu carro un mundo de xente: avós, pais, fillos e netos, todos xuntos formamos unha grandísima familia que xogamos a billarda de igual a igual sin que a diferencia de idade ou xénero nos poña impedimento ningún. Na Billarda cabemos todos.

Exit mobile version