Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza en Ribadeo a “VIII Mostran de teatro afeccionado Daniel Cortezón”

Nota de prensa

O VINDEIRO 16 DE SETEMBRO DA COMEZO A VIII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DANIEL CORTEZÓN. AS REPRESENTACIÓNS SERÁN GRATUITAS E DESENVOLVERÁNSE NO CINE TEATRO DE RIBADEO.

Ribadeo, 14 de setembro de 2011. O vindeiro venres, 16 de setembro, da comezo a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. As representacións serán gratuitas e terán lugar ás nove da noite no Cine Teatro, segundo anunciaba esta mañá a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra.

A edil nacionalista sinalou que “como ven sendo habitual nos últimos anos iniciamos este mes de setembro coa VIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. A mostra desenvolveráse do 16 ao 18 ás nove da noite no Cine Teatro de Ribadeo, polo tanto convidamos tanto a todos os veciños como aos que nos visiten a que acudan ás tres representacións con entrada totalmente gratuita para ver en escea obras de compañías de teatro afeccionado moi importantes, que recibiron premios ao longo deste ano”.

O venres 16 de setembro a Mostra arrincará con Quemaisten Teatro de As Pontes, que representará Cinema. O sábado, día 17, actuará a compañía Rebuldeira Teatro de Sarria, que porá en escea Comedia Bífida, guión representado moito por compañías teatrais profesionais. E o domingo os asistentes a esta cita poderán disfrutar de Garallada Teatro de Valdeorras coa obra A última cinta de Krapp. Trátase dun monólogo, pero acompañado de diferentes medios técnicos e audiovisuais.

Exit mobile version