Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as actividades das Escolas Deportivas Municipais de Cervo para a tempada 2001-12

Nota de prensa:
O LUNS DAN COMEZO AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA A PRESENTE TEMPADA 2011-2012

Onte tivo lugar a presentación oficial das modalidades que se impartirán

As Escolas Deportivas do Concello de Cervo é unha iniciativa posta en marcha no ano 2007 polo Goberno local co obxecto de fomentar a práctica do deporte entre os cervenses de tódalas idades

Cervo, 30 de setembro de 2011.- Medio cento de persoas de tódalas idades asistiron onte ao salón de actos da Casa Consistorial do Concello de Cervo á presentación oficial da tempada 2010/2011 das Escolas Deportivas Municipais.

O acto -no que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares, e os concelleiros José Ramón Soto (Deportes), Begoña Alonso (Medio Ambiente e Turismo) e Pilar Álvarez (Xuventude e Igualdade); ademais de varios responsables da empresa encargada da organización destas escolas deportivas- serviu para solventar tódalas dúbidas dos interesados en participar nesta tempada das Escolas Deportivas, así como as posibles modificacións en horarios, instalacións, etc…

Os responsables municipais subliñaron na presentación a aposta do Goberno local por fomentar o deporte “non só para os máis pequenos, senón para todos os veciños en xeral” e afirmaron que ao igual que nas pasadas edicións, as actividades desta tempada foron programadas en base ás suxestións dos propios interesados “porque a nosa intención é que o maior número de persoas se anime a facer deporte e por iso non escatimaremos esforzos para que as Escolas Deportivas sigan funcionando tan ben como o levan facendo nestes últimos anos” sinalaron.

As especialidades deportivas que se impartirán na presente tempada nas Escolas Deportivas son as seguintes:

Para nenos e nenas (de 0 a 15 anos):

Baile Deportivo (novidade)
Atletismo (novidade)
Manualidades (novidade – nenos e nenas de 3 e 4 anos)
Xogolandia (nenos e nenas de 3 e 4 anos)
Baloncesto (Feminino e Masculino)
Fútbol Sala (Feminino e Masculino)
Patinaxe artística
Tenis

Para adultos (a partir de 16 anos):

– Ximnasia de Mantemento
– Aeróbic
– Pilates

A presente tempada dará comezo o vindeiro luns, 3 de setembro, e rematará o venres 1 de xuño de 2012, día no que se celebrará a clausura das EDM Cervo.

As cotas de inscrición para as actividades non sofren incremento e son as mesmas que as da tempada 2009-2010:

12,54 €/mes para os nen@s empadroados no Concello.
18,81 €/mes para os nen@s NON empadroodos no Concello.
15,68 €/mes para os adult@s empadroados no Concello.
20,90 €/mes para os adultos NON empadroados no Concello.
Familias numerosas: 8.36 €/mes por nen@, (entregar xustificante coa ficha de inscrición).
50% de desconto o partir do segundo irmán matriculado menor de 18 anos.

As fichas de inscrición para participar estarán dispoñibles no Concello de Cervo, na Casa da Cultura, e tamén pedíndollas ao monitor correspondente.

Todos os alumnos/as deberán entregar unha fotocopia da tarxeta sanitaria da Seguridade Social, adxuntada coa entrega da ficha.

Aquelas persoas que desexen causar baixa nas EDM Cervo deberán presentar por escrito no rexistro do Concello a correspondente solicitude que alí se lle proporcionará. A devandita solicitude deberá realizarse antes do último día laborable do mes en curso. A baixa terá efecto no mes natural seguinte á data na que se presenta o escrito.

En tódalas actividades existe un número máximo de prazas que aseguren o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo para poder levalas a cabo.

Todos os nenas e nenos que se apunten nas actividade de baloncesto e fútbol sala deben entregar dúas fotos xunto coa ficha de inscrición. (Obrigatorio para poder participar na competición escolar).

Por formar parte dos EDM Cervo poderase participar en tódalas modalidades deportivas que se desexe (tendo en conta a idade, sexo, dispoñibilidade horario ou organizativa das EDM). As Escolas Deportivas Municipais de Cervo proporcionarán ao inicio da tempada a tódolos inscritos a indumentaria das Escolas Deportivos: Chándal e camiseta, que será recollido ó remate da tempada.

Os rapaces que formen parte destas escolas poderán ter a oportunidade de participar nos campionatos correspondentes ás actividades impartidas, así como en diversos torneos comarcais, provinciais. Ademais poderán participar tamén en xornadas de convivencia con outras Escolas Deportivas da A Mariña Lucense e farán unha serie de viaxes programados para practicar patinaxe sobre xeo e para presenciar encontros do Baloncesto Breogán e do Burela FS. Así mesmo esta previsto realizar unha excursión de Excursión de sendeirismo para alumnos e pais/nais.

Exit mobile version