Site icon Crónica3.com A Mariña

Con motivo da XXI Festa da Faba en Lourenzá pechan ao tráfico oito rúas ata o 2 de outubro

Nota de prensa

Con motivo da XXI Festa da Faba que se celebra este fin de semana

O CONCELLO DE LOURENZÁ INFORMA DOS CORTES DAS RÚAS QUE SE INICIAN NO DÍA DE HOXE

O trazado alternativo discorrerá por Avenida do Val, Estrada de Trabada, póla estrada que discorre por detrás do mercado comarcal gandeiro ata a rúa Casas Novoa que accede directamente a vila

A parada de autobuses será trasladada estes días á Praza Julia Minguillón

No Mercado Gandeiro e no aparcadoiro da Fábrica de Muebles Hermida haberá aparcamento gartuíto durante todo o fin de semana.

Prevese que durante o fin de semana pasen polo concello máis de 5000 persoas que poderán mercar as fabas ao detalle nas casetas do Cantón

Lourenzá, 28 de outubro do 2011.- O Concello de Lourenzá a través da Concelleira de Medio Rural e concelleira delegada da Organización da XXI Festa da faba informa de que os próximos días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, con motivo da celebración da XXI Festa da Faba permanecerán pechadas as seguintes rúas:

– Travesía da Mariña
– Avenida de Mondoñedo
– Paseo de Oya
– Rúa Linares Rivas
– Muíño do Frade
– Rúa Secretario Luís Iglesias
– Rúa Montero Villegas
– Praza Cesar Chavarría

A rúa Paseo de Oya e a praza Cesar Chavarría estará pechada xa dende o dia de hoxe e a o resto quedarán pechadas ao tráfico dende o venres día 30 a media mañá ata o luns día 3, días nos que tampouco se poderá aparcar a ámbalas dúas beiras da Rúa Casas Novoa.

Ó estar cerradas ao tráfico a Travesía da Mariña e un tramo da Avenida de Mondoñedo (de titularidade municipal), o trazado alternativo discorrerá por Avenida do Val, Estrada de Trabada, póla estrada que discorre por detrás do mercado comarcal gandeiro ata a rúa Casas Novoa que accede directamente a vila.

Queremos tamén informar de que a parada de autobuses será trasladada estes días á Praza Julia Minguillón (Xunto ao bar Cabaleiros)
Prevese que durante o fin de semana pasen polo concello máis de 5000 persoas que poderán mercar as fabas ao detalle nas casetas dos fabeiros situados no Cantón. Os produtores que expoñen a venda a súa mercancía son:

Fabas Maruxa de Santo Tomé (Lourenzá)
Fabas O Pontigo de Santo Tomé (Lourenzá)
Fabas Xoias do Val de Santo Adrao (Lourenzá)
Fabas Casa Amaro de Santo Adrao (Lourenzá)
Fabas Toñito de Santa María (Lourenzá)
Fabas Engracia de Arante (Ribadeo)
Fabas Ecolóxicas Maruxa Leitón de Santo Adrao (Lourenzá)

Destacamos esta última fabeira por ser a única fabeira que pon a venda Fabas Ecolóxicas cultivadas no noso Concello

Exit mobile version