Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade de Xove organiza un proxecto de igualdade entre homes e mulleres

NOTA DE PRENSA

ACTIVIDADE “REC-CAPACITA. SPOTS REIVINDICATIVOS”

A Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade do Concello de Xove organiza un proxecto de promoción da igualdade entre homes e mulleres, denominada “REC-CAPACITA. SPOTS REIVINDICATIVOS”.

Esta actividade, dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES “Illa de Sarón”, comenza mañá martes, día 27 de setembro, en horario de 16:30 a 18:10.

“Rec-capacita. Spots reivindicativos” é un proxecto novedoso e atractivo para os rapaces e rapazas, que ten como obxectivo sensibilizar á mocidade sobre a igualdade.

Esta actividade consiste na grabación de varios SPOTS PUBLICITARIOS sobre temas coma a igualdade, a corresponsabilidade e a violencia de xénero. Deste xeito ofértase unha canle atractiva para a mocidade, como é a rodaxe dos diferentes Spots, para traballar a igualdade social, dende a crítica, o debate e a análise productiva.

O proxecto “Rec-capacita. Spots reivindicativos” está subvencionada pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Exit mobile version