Site icon Crónica3.com A Mariña

Des-instalacións en Foz

Des-instalacións en Foz

Na vaga de desmonte que con seguidismo faldeiro da Xunta-desbrozadora practica o actual alcalde de Foz, tivo a ben non só non protestar airadamente po la eliminación da Escola de Vilaronte en Foz, que a Desinstaladora (Xunta) decidiu neste ano nefasto de recortes no ensino, se non que cando se lle pide o uso por parte da Fundación Preescolar na casa para o seu uso con pícaros de 0 a 3 anos cede “sen problema” a instalación. Pero “sen” material didáctico (nin o propio de outros anos da Fundación que está desaparecido e evidentemente “sen” novo), “sen” estores no local (cando pega o sol non se aguanta), “sen” desbrozar o patio (parece mentira, con todo o que están desbrozando en sanidade, ensino, servizos sociais, no campo de xogos levanta a herba por riba dos pícaros), “sen” poder usar o amplo local da escola con tarima flotante e recluíndo os pícaros o local anexo en pedra. “Sen” enterarse de nada, Des-instalando todo. Non, non temos o que merecemos, e os nosos cativos tampouco.

Iago.

Exit mobile version