Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro de Mariñaos recupera a celebración da festa da Espiña despois de medio século

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN “IRMANDADE SAN CAETANO”

CELEIRO DE MARIÑAOS

A ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL “IRMANDADE SAN CAETANO” RECUPERA DESPOIS DE 50 ANOS A CELEBRACIÓN DA “FESTA DA ESPIÑA” EN CELEIRO DE MARIÑAOS, NA CAPELA DE SAN CAETANO.

Despois de medio século, os veciños e veciñas de Celeiro de Mariñaos recuperan a celebración da Festa da Espiña, unha romería que se celebraba sempre no mes de setembro arredor da capela de San Caetano. O nome desta romería deriva da advocación desta santa á que se lle ofrecían exvotos para curar doenzas da espalda, da columna vertebral, ou espiña dorsal, daí o nome da santa e da romería.

A Asociación “Irmandade San Caetano” recuperou tamén en anos pasados, e mantivo, a celebración da romería de San Caetano, que ten lugar sempre no mes de agosto, e é coñecida tamén pola festa da tortilla que se celebra dentro desa romería.

Este sábado 3 de setembro todos os veciños de Celeiro de Mariñaos subirán a xantar arredor da capela ao son da Foliada que protagonizarán mais de 30 gaiteiros chegados de diversas comarcas (Fonsagrada, Taramundi, Coruña, A Mariña, Terra Chá, Valadouro…….) que farán confluir diferentes sons e diversos estilos musicais e folclóricos.

Exit mobile version