Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela di que o PXOM vai na boa dirección tras ir a Santiago a secreataría xeral de Urbanismio

Nota de prensa:

GONZÁLEZ BARCIA VALORA POSITIVAMENTE O ENCONTRO MANTIDO HOXE NA SECRETARÍA XERAL DE URBANISMO PARA AVANZAR NO PXOM. O ALCALDE DIXO QUE “O TRABALLO FEITO VAI NA BOA DIRECCIÓN”.

Burela, 23 de setembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, ven de realizar unha valoración positiva do encontro que hoxe mantivo na Secretaría Xeral de Urbanismo para seguir avanzando na elaboración do PXOM. Estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Manuel Fernández Valle, polo técnico municipal e por técnicos da empresa redactora do plan.

González Barcia sinalou que “a xuntanza servéunos para clarificar todos os puntos do informe emitido no seu día pola Xunta e todo apunta a que o traballo que estamos a realizar vai na boa dirección”. O rexedor dixo que “a aprobación dun plan xeral é un procedimento longo, hai traballo por facer, pero saimos dese encontro coas cousas máis claras, todo non está solucionado, pero demos un paso importante cara adiante”. Barcia lamenta que “este encontro non se tivera producido hai meses porque habería moito traballo adiantado”.

A vindeira xuntanza para avanzar no PXOM será o vindeiro martes, 27 de setembro, na sede da Demarcación de Estradas do Estado na Coruña. O alcalde burelés asegura que “temos que seguir traballando e nese sentido se producirá ese encontro, que para nós é moi importante porque coñeceremos o sí ou o non do Ministerio de Fomento ao que nós estamos a facer co plan”. González Barcia subliñou que o seu equipo é consciente de que Fomento é receptivo a axilizar o plan, “as dúas partes imos con espíritu constructivo a esta cita e agardamos seguir avanzando, porque si os asuntos importantes non quedan encauzados poderemos empantanarnos”.

O equipo de goberno burelés traballará intensamente para que as diferentes administracións lle dean o visto bó ao Plan Xeral de Ordenación Municipal nos vindeiros meses. O alcalde anunciou que “cando se peche este proceso de xuntanzas reunirá á comisión de seguimento do PXOM para que teñan información do que estamos a facer. Si non se convocou antes é porque non había nada novo que explicar” e engadiu que “este encontro non se demorará”.

González Barcia lamentou que “todo esto, os informes emitidos por Fomento e pola Xunta en outubro do ano pasado e en xaneiro deste ano, se demoraran tanto por parte do bipartito e que non os axilizasen”.

Exit mobile version