Site icon Crónica3.com A Mariña

Eido Dourado pecha a tempada o día 18 cun balance positivo de visitas e aumento de ventas

Nota de prena

O EIDO DOURADO PECHA A SÚA TERCEIRA TEMPADA O 18 DE SETEMBRO. PARA O VINDEIRO ANO CELSO DOURADO AGARDA CONTAR CON TEATRO ALTERNATIVO, POESÍA E MÚSICA DE AUTOR NESTE ESPAZO ADICADO Á ARTE.

Barreiros, 15 de setembro de 2011. O Eido Dourado pechará a súa terceira tempada o vindeiro domingo, 18 de setembro. O seu promotor Celso Dourado fai un balance moi positivo deste 2011, no que se mantiveron as visitas e se incrementaron as vendas na súa pequena tenda de merchandising. Dourado anuncia que na vindeira tempada o Eido Dourado acollerá teatro alternativo, poesía, presentacións de libros e música de autor.

Remata a terceira tempada do Eido Dourado na praia de A Pasada en San Miguel de Reinante e é tempo de facer balances. O artista barreirense Celso Dourado asegura que “o balance desta tempada é enormemente positivo, hai que lembrar que poucos espazos son concebidos para a arte e os sentidos coma éste, é un espazo que se mostra aglutinando arquitectura, paisaxismo e expresión plástica baixo unha mesma autoría e cunha autoconstrucción como esquema. É un espazo que se está a asentar no tempo, é un espazo cultural nun entorno rural”. E subliña que “o Eido Dourado non recibe subvencións nin apoios de ninguén, é sostido con fondos propios, o cal me supón unha total autonomía, permíteme non ter ataduras nin ligazóns de ningúnha parte”.

As visitas a este espazo adicado á arte mantéñense, hai persoas que repiten e moitas que chegan ao Eido Dourado por primeira vez. Celso Dourado relata que “está a vir xente á que mandaron os que xa pasaron polo Eido Dourado este anos. Temos unha pequena tenda de merchandising na que vendemos litografías e catálogos. As vendas incrementáronse este ano e iso anima moito”.

Durante o outono e o inverno Celso Dourado aproveitará para seguir pintando co obxectivo de renovar a exposición no 2012, “nos inicios do Eido Dourado a miña idea foi sempre mantelo coma un espazo vivo, algo que me obriga, dalgún xeito, durante o inverno a adicarme con maior tesón á pintura, isto me permite renovar a exposición permanente todos os anos. Neste 2011 renovóuse en máis da metade e agardo facelo igual de cara ao vindeiro ano”.

Celso Dourado amósase satisfeito da acollida que tiveron os concertos que acolleu o Eido Dourado nuns casos e que promoveu noutros. O artista lembra que “durante este ano o Eido Dourado acometeu un pequeno proxecto que tiña en mente desde hai tempo, que foi realizar unha serie de concertos a unha hora realmente bonita como é a caída da tarde, entre lusco e fusco, cun notable éxito. O primeiro concerto que fixemos de xeito experimental foi o de Doa, acudiron unhs 250 persoas e foron escoitados cun silencio sepulcral. Os mesmos membros de Doa se sorprenderon que nun espazo así tan preto da praia se lograse esa calma. O segundo acto que fixemos foi a presentación da última novela do escritor Miguel Sande acompañado por un concerto de txalaparta, algo inédito na nosa comarca. A pesares de que era un día de agosto no que había moitos outros eventos tamén colleitou un notable éxito de público”.

Dourado agarda “seguir nesa traxectoria e para o vindeiro ano tentaremos contar con teatro alternativo no Eido Dourado. Diferentes entes importantes da cultura se puxeron en contacto conmigo tanto para a presentación de libros como para ese teatro alternativo. Un deles foi, gratamente para min, o dramaturgo Manuel Lourenzo, co que estamos falando de cara á vindeira tempada para acoller algo do que están a desenvolver na Casa Hamlet da Coruña. Incluiremos tamén recitais poéticos, a poesía penso que ten un sitio moi importante no Eido Dourado e por suposto seguiremos con concertos musicais, música de calidade, música de autor para escoitar, para sentir… e aí agardamos dalo todo. Trataremos que sexa dun xeito altruista pola nosa parte, penso que a cultura débese mostrar tal e como é. Nós tentaremos poñer unha candea para alumear un pouquiño neste recuncho da Mariña lucense”.

Exit mobile version