Site icon Crónica3.com A Mariña

Explica o PSOE que o PP rexeitou unha emenda para apoiar a flota boniteira e lembra que o réxime do mar perdeu 1.800 activos en Galicia

Nota de prensa

O PP rexeita unha emenda para apoiar a flota boniteira

OS SOCIALISTAS DIN QUE MENTRES O GOBERNO DE FEIJOO PON DEBERES A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS, O REXIME ESPECIAL DO MAR PERDE 1.8OO ACTIVOS EN GALICIA

-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira Soneira dixo que o Grupo Popular non é capaz acadar acordos e concretalos, por iso preguntou “se ten que negociar os consensos con Pescanova, xa que é a que, o parecer, exerce as funcións de Conselleira do Mar”

-Lembra o ultimo “tropezo de Feijoo”, en materia pesqueira como a perdida da única patente que tiña a Xunta

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha emenda na que reclama ao Goberno de Feijoo dispor dos medios necesarios para dar asistencia e apoio á flota boniteira galega, para a futura campaña de 2012, en colaboración e coordinación co Estado e co resto de comunidades autónomas do Cantábrico, tal e como se ven facendo nas ultimas campañas. A proposta foi rexeitada polo PP.

Soneira dixo na súa intervención que o Grupo Parlamentario Popular non é capaz acadar acordos e concretalos, por iso preguntou “se ten que negociar os consensos con Pescanova, xa que é a que, o parecer, exerce as funcións de Conselleira do Mar”, espetou.

A portavoz de Pesca denuncia que “mentres a Xunta de Galicia ponlle deberes a outras administracións, o réxime especial do mar perde 1.800 activos no último ano”.

Subliña que “a única administración que prestou apoio, semellante ao das campañas anteriores, a nosa flota boniteira foi o Estado por medio do buque hospital Juan de la Cosa, e un patrulleiro de altura da Armada”. Dixo que a Xunta destinou un buque de apoio, solo durante agosto, e sen a dotación sanitaria de anos anteriores.

A parlamentaria socialista advirte que “a única administración que reduzo os medios de seguridade dos homes e mulleres do mar foi a Xunta de Galicia”. Ademais lembra o balance en materia pesqueira de dous anos de Goberno de Feijoo “anulou a adquisición dun helicóptero de salvamento, con base na Costa da Morte, anulou o seguro colectivo de accidentes no mar, e anunciou a venta dos dous helicópteros de salvamento de que dispón a Comunidade Autónoma”, replicou.

Ademais lembra o ultimo “tropezo de Feijoo”, en materia pesqueira como a perdida da única patente que tiña a Xunta.

Exit mobile version