Site icon Crónica3.com A Mariña

Grazas, don Francisco

GRAZAS, DON FRANCISCO

O xornal tróuxonos a mala nova. Sabíamos que o estado de saúde de don Francisco Rivera Casás, que andaba preto de acadar os cen anos de vida, presaxiaba o final. Pero tal inexorable evidencia non evitou a nosa emoción ante a noticia da súa morte, na medida na que o afecto emanado da admiración hacia a súa persoa lle profesábamos desde hai moitos anos.Non vamos facer nestes intres de apresurado adeus un panexírico de algúen que nós tiñamos como exemplo de cabaleiro modélico, sempre digno de imitar. A súa elegancia persoal, de impecable presenza; a cortesía e delicadeza dos modais, a súa natural modestia e sempre o trato correcto e amable, e mesmo deferente, eran sinais de identidade dunha singular personalidade que facían del un auténtico “mestre da vida”

Para nós, don Francisco Rivera era todo un referente entre as xentes da Mariña, e dende logo unha figura institucional da nosa fauna humana.entre a que evidentemente non se prodigan os exemplais de tal valor humano, social e intelectual. Home dunha entrega, xenerosidade e altruísmo das que teñen constancia ó longo de moitos anos os veciños da fermosa “península da paz” na que de moi novo, de xeito definitivo, fondeou o buque da longa e fructífera vida, para maior dita da súa veciñanza

Cando hai mais dun ano limos o seu libro “Enseñanza, mar y cultura en San Ciprián”dixemos entón, e hoxe o ratificamos: “ o enunciado do mesmo responde ás coordenadas que enmarcaron as vivencias dun home excepcional. Nado en Viveiro, durante mais de 50 anos exerceo o maxisterio na vila da Maruxaina, plenamente identificado coa súa paisaxe e a súa paisanaxe á que dedicou tódolos esforzos pola mellora cultural e social dos seus veciños. E a fe que o logrou, mesmo en tempos de tantas penurias, ás que os ensinantes non foron alleos”. Grazas don Francisco pola permanente lección.

Suso Fernández

Exit mobile version