Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurouse en Barreiro unha aula CEMIT dotada con 12 ordenadores e atendida por un especialista TIC

Nota de prensa:
HOXE FOI INAUGURADA A AULA CEMIT COA QUE CONTA BARREIROS NO ANTIGO SALÓN DE ACTOS DO TELECLUB DE SAN COSME. ESTÁ DOTADA CON 12 ORDENADORES E É ATENDIDA POR UN AXENTE TIC.

Barreiros, 26 de setembro de 2011. Hoxe foi inaugurada a aula CeMIT coa que conta o Concello de Barreiros no antigo salón de actos do teleclub de San Cosme. Está dotada con 12 ordenadores e é atendida por un axente TIC. No acto, que se desenvolvía este mediodía, participaron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e por videoconferencia desde Santiago interviu o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

O rexedor sinalou que “esta aula aberta ás novas tecnoloxías para toda a cidadanía en xeral que queira acceder de maneira libre e gratuita a estas instalacións. A xente poderá consultar nos equipos a búsqueda de emprego, facer retoques de fotografía, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por internet…”. Fuente Parga dixo que “o que permiten estes centros é a vertebración territorial e social. É coma unha vía máis, si falamos de que as autoestradas unen pobos pois as novas tecnoloxías nos achegan máis uns a outros, incluso tamén servirá para impulsar o crecemento do tecido empresarial, que poderá utilizar esta aula para o comercio electrónico ou para a formación do persoal, servirá para especializar aos profesionais das TIC e para potenciar os coñecementos tecnolóxicos dos empregados públicos, dado que xa estamos administración electrónica”.

A aula CeMIT de Barreiros contará cun axente TIC que asesorá e axudará aos usuarios nas dudas que lles poidan xurdir e organizará os horarios para a utilización desta instalación.

Exit mobile version