Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi leva a pleno unha moción sobre a area etnografica do Souto da Retorta

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
MOCIÓN

CREACION DA AREA ETNOGRAFICA DO SOUTO DA RETORTA.-

Condo calquera persoa chega a Chavín, as inmediacións, como reza nun cartel informativo, Souto da Retorta, Monumento Natural, Rede Galega de Espazos Protexidos, Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Conservación da natureza, cree que vai atopar e ver nunha area coidada, cun aparcamento decente, non cheo de montos de terra e maleza, unha entrada o paraxe chea de socabóns, nin unha triste papeleira, arbores caidos que ainda se atopan sen retirar despois de varios temporais, chapas metálicas tiradas no chan, basura, etc. Creemos que unha area como a que temos en Viveiro e que visitada por centos de persoas ao longo de todo o ano, pero en maior cantidade na época do vran, tiña que estar mais mimada e atendida. Nos últimos tempo sairon noticias do débil estado do “Abó”, un dos eucaliptos máis alto de Europa, pero nada se dixo do resto do entorno. Menos mal que é un “espazo protexido”, porque se non chega a selo, non se sabe como estaría.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro somete á consideración do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

Instar á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a facer unha área etnográfica en condicións, cun mantemento continuado e permanente dese espazo, coidando a limpeza, o adecentamento da entrada ao lugar, colación de carteis coas especies arbóreas, limpeza do rio Landro, colocación de papeleiras e asi memo, no sitio da minicentral a colación dun espazo acristalado para ver o seu interior.

Exit mobile version