Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá organiza un curso de baile de salón no marco da XXI Festa da Faba

Nota de prensa:
Será impartido por profesores titulados na máxima categoría que existe en baile deportivo.

CURSO DE BAILE DE SALÓN E DE FESTA NO CONCELLO DE LOURENZÁ

O vindeiro sábado no marco da XXI Festa da Faba o Clube deportivo GOLDANCE fará unha exhibición

Os amantes da música de baile terá a ocasión de poder escoitar a actuación musical da Formación “Aires Hispanos” que deleitará ao público cunha recopilación exclusiva de cancións de distintos países hispanos

Lourenzá, 27 de setembro do 2011.- A Concelleira de Rural de Lourenzá comunica aos veciños que o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Escola de Baile Deportivo e de Salón Goldance, organiza un curso de Baile de Salón e de festa, impartido por profesores titulados na máxima categoría que existe de baile deportivo.

O curso consistirá en 10 clases de 1,5 h. resultando un total de 15 horas. O horario será consensuado polos inscritos antes de comezar o curso, que está previsto se inicie en Outubro.

Tamén vai haber un curso para os máis pequenos, a partires dos 3 anos, neste caso, serán 10 clases dunha hora de duración.

Os prezos por sesión oscilarán de entre 3€ para os nenos ata 5€ para os adultos. Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o vindeiro día 5 de Outubro na Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá, ou ben no teléfono 982 12 10 06.

O vindeiro sábado no marco da XXI Festa da Faba o Clube deportivo GOLDANCE fará unha exhibición as 16:30 no Claustro do Mosteiro.

Ademais, os amantes da música de baile terá a ocasión de poder escoitar a actuación musical da Formación “Aires Hispanos” que deleitará ao público cunha recopilación exclusiva de cancións de distintos países hispanos. Música para disfrutar, sentri e por suposto bailar. Esta actuación será a continuación da exhibición de baile o vindeiro sábado sobre as 18:30 no Claustro do Mosteiro.

Exit mobile version