Site icon Crónica3.com A Mariña

Membros da candidatura das municipais e ós concelleiros da anterior lexislatura do PP de Burela planificaran actuacións e fixaran prioridades do goberno local

Nota de prensa

O PP de Burela pón en marcha unha comisión de coordenación do partido co grupo municipal.

Manterá reunións de carácter trimestral.
Integra ós membros da candidatura das municipais e ós concelleiros da anterior lexislatura.

Burela, 14 de setembro de 2011.- O PP de Burela anunciou hoxe a posta en funcionamento dunha comisión de coordenación entre o partido e o grupo municipal, que terá como obxectivo avaliar o traballo que se fai desde o propio grupo municipal así como axudar a planificar actuacións e colaborar na fixación de prioridades. Igualmente, nesta comisión daráselle traslado ó grupo municipal de suxerencias que poidan significar unha millora da acción de goberno.

Esta comisión estará  coordinada por dúas persoas, Blanca Fernández e Josefa Yáñez, que formaron parte da candidatura pero que non resultaron elixidos concelleiros. No seu da comisión integrarase a totalidade dos membros que formaron parte da candidatura que concurriu ás eleccións municipais do pasado  mes de maio, xunto cos concelleiros populares da lexislatura anterior.

O réxime de reunións será de carácter trimestral, ainda que a seguinte celebrarase con total seguridade na segunda quincena de outubro. Os populares pretenden sistematizar o traballo desta comisión e ó mesmo tempo, a través dela, acadar unha perfecta interrelación entre o partido e o grupo municipal, contando en todo momento coas aportacións feitas polo primeiro.

Exit mobile version