Site icon Crónica3.com A Mariña

Batuko-Reventola actuou na Semana Europeda da Mobilidade en Burela

Nota de prensa:

Hoxe seguen as actividades da Semana Europea da Mobilidade, que se ven desenvolvendo en Burela desde o pasado 16 de setembro. De 17 a 19 horas os xogadores e xogadoras do Burela FS estarán na praza da Mariña participando en “Dispara a gol”, ademáis repartirán balóns asinados por eles mesmos e invitacións para asistir ao partido que disputarán o Burela FS Pescados Rubén e o Ponte Ourense. Esta tarde tamén haberá circuito de bicicletas no pavillón dos institutos e de 16:30 a 18:30 terá lugar unha lectura colectiva organizada pola asociación cultural Vagalume na praza do Concello.

Maña finaliza a Semana da Mobilidade e as actividades previstas son:
-De 9 a 12h, ximnasia preventiva para adultos na Praza da Mariña.
-As 17h haberá un circuito de accesibilidade, que sairá da Praza da Mariña: Recorreranse algunhas rúas de Burela en sillas de rodas, con bastóns ou con vendas nos ollos e comprobarase se Burela é accesible para as persoas con algún tipo de discapacidade.
-E para dar remate á semana da mobilidade ás 18h na Praza da Mariña haberá un ensaio aberto de baile, música e canto organizado pola Asociación Cultural Ledicia, no que poderán participar todos aqueles que teñan interese en aprender a bailar, tocar ou bailar xunto con esta asociación. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, anima “a todos aqueles que lles guste o baile e o canto tradicional, a que se acheguen á Praza da Mariña ás 18 horas mañá xoves”.

Exit mobile version