Site icon Crónica3.com A Mariña

No primeiro mercado de fabas de Lourenzá comercializaron 5 toneladas a uns 6 euros o quilo

Nota de prensa

Con máis dun centenar de produtores

EXISTOSO MERCADO DE FABAS NO CONCELLO DE LOURENZÁ

Vendéronse preto de 5 mil kilos de Fabas

Os prezos estiveron en torno aos 6 €

Lourenzá, 25 de setembro do 2011.- Rematado o primeiro Mercado de Faba a Concelleira de Medio Rural laurentina, Emma Alvarez, informa da presenza de máis dun centenar de produtores, transacionándose preto de 5 mil kilos de Fabas nesta primeira cita.

O desglose de kilos vendidos é o seguinte:

Faba Galaica.- 3754 Kg
Faba Galaica en Fresca.- 400 Kg
Faba Verdina.- 755 Kg

Os prezos que acadaron as leguminosas rondaron os 6 € tanto para a Galaica como para a Verdina.

A Faba Galaica Fresca pagouse a 4 €.

O mercado trascurríu con normalidade, tendo moi pouca incidencia o número de produtores que acudiron a cita sen carné de produtor expedido polo concello.

Este ano a Faba é de escépcional calidade, aínda que as vainas terán menos número de fabas, estas serán máis grandes cunha pel extremadamente fina favorecida pola calor que tiveron durante o seu proceso de maduración.

Si as condicións metereolóxicas se manteñen secas e con vento durante esta semana, agardamos que no vindeiro domingo, que coincide coa XXI Festa da Faba se doble a cantidade vendida no día de hoxe.

Exit mobile version