Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións di que crea a Secretaría do Emprendedor para incentivar o traballo xuvenil

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

Novas Xeracións crea a Secretaría do Emprendedor para incentivar o traballo xuvenil

O novo departamento da agrupación política está enmarcado dentro da Coordinadora de Economía e Industria

Lugo, 30 setembro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo crea un novo departamento de traballo dentro da Coordinadora de Economía e Industria. Trátase da Secretaría do Emprendedor, que nace co obxectivo de “fomentar novas formas de incorporarse ao mundo laboral por parte dos mozos nun contexto de crise que provocou unha elevada taxa de paro entre os máis mozos”. Así o puxo de manifesto o presidente provincial da agrupación política xuvenil, Daniel Vega.

A Secretaría do Emprendedor será dirixida polo vilalbés José Miguel Coira, responsable da Coordinadora de Economía e Industria. Coira refírese a esta nova proposta de impulso do traballo entre os máis novos por parte de NN.XX. como “unha idea necesaria nestes tempos”. Coira asegura que “apostar polos emprendedores é un aspecto moi importante da economía dende o punto de vista da creación de empresas e de emprego”.

Pola súa banda o novo responsable da Secretaría de Traballo e Benestar, o mindoniense Alberto García, tamén fixo referencia á nova proposta da agrupación. Alberto García sinalou que, con máis do 40% de paro xuvenil, a creación da Secretaría do Emprendedor “servirá de utilidade e axuda a todos os mozos que, rematados os estudos e, a consecuencia da crise, resúltanos tan complicado incorporarnos ao mercado laboral ou para os que no seu día se incorporaron, deixando os estudos e agora se atopan en situación de desemprego”.

Neste senso, segundo o secretario de Traballo e Benestar, o obxectivo é “fomentar un espírito emprendedor entre as novas xeracións, facendo fincapé na necesidade de que as diversas Administracións incentiven a novos emprendedores e pequenos empresarios”. Ao mesmo tempo, segundo Alberto García, a secretaría do emprendedor “servirá como lugar de encontro de diversas inquedanzas, que faremos chegar ao Partido Popular para que as poña en marcha ou lles dea unha solución”.

Exit mobile version