Site icon Crónica3.com A Mariña

O actual mapa municipal galego é insostible

O actual mapa municipal galego é insostible

Galicia ten hoxe 315 concellos, despois que na pasada década se créanse dous novos, pasando dos 313 aos actuais 315, cunha poboación que non chega aos 2 millóns oitocentos mil habitantes. Facendo un cálculo temos que a poboación media dun concello galego non chega aos 10.000 habitantes. Aínda que existen grandes diferencias entre as cidades e algúns de menos de 1.000. É esta unha das medias máis baixas de Europa. A maior parte dos concellos galegos teñen entre 2 e 10 mil habitantes. Noutros paises coma Bélxica ou Dinamarca a media de habitantes por concello está arredor de 20.000. En Portugal, o noso veciño máis próximo, existen menos concellos que en Galicia para unha poboación de 11 millóns de habitantes, cunha media por concello de entorno aos 30.000 habitantes.

A función primordial dos concellos é a de ser prestadores de servicios, hoxendía podemos afirmar que aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes non son viables, e polo tanto non son capaces de prestar aos seus veciños aqueles servicios que precisan. Tendo en conta ademais que cada vez os cidadáns están habituados a que se lles presten máis e mellores servizos. Na actualidade en Galicia esta merma de servizos dos concellos e prestada por outras administracións ou simplemente non se prestan, está claro que os habitantes das cidades galegas dispoñen de máis e mellores servizos que os do medio rural, tales coma mellor transporte público, mellor limpeza viaria, redes de saneamento…

No actual panorama internacional de crise onde se están a recortar servizos aos cidadáns e no que actual estado de benestar parece estar seriamente en perigo, sería necesario analizar medidas que servindo para manter servizos axudasen a aforrar recursos. Algunhas administracións só se lles ocorre recortar no que teñen máis a man educación e sanidade. Pola contra deberían buscarse solucións que xerando o mesmo aforro fosen menos lesivos para os cidadáns.

A financiación dos concellos ten unha triple orixe. Unha parte dos recursos proceden dos impostos dos seus veciños. Outros proceden das transferencias doutras administracións e a terceira fonte son as subvencións a determinadas obras ou servizos que lles conceden outras administracións. En xeral nos concellos rurais os impostos que aplican aos veciños son raquíticos, e polo tanto os recursos propios moi escasos, polo cal necesitan para poder facer investimentos as subvencións de outras administracións que con frecuencia dependen da colaboración cos poderes provinciais, autonómicos e en menor medida do estado. Esto conduce a que con frecuencia os gobernos municipais se convertan en moi dependente dos poderes provincial e autonómicos, tendo por tanto moi pouca autonomía.

Con frecuencia dado que os concellos son os máis próximos aos veciños, teñen que prestar servizos que non lles corresponden, que son competencia doutras administracións, que ao final acaban prestando e para os cales non reciben compensación económica, o cal deriva nun maior empobrecemento dos mesmos, chegando ao extremo de que algúns non sexan capaces de pagar a nómina dos seus empregados.

Tendo en conta que para que poidese ser eficiente, o número mínimo de habitantes dun concello debería estar entre 30 e 50 mil habitantes, o número de concellos en Galcia non debería superar os cen; sobran polo tanto máis de 215 concellos no país. Este é o reto prantexado para un futuro próximo, parece difícil que os cidadáns por si sos sexan capaces de renunciar ao nome do seu concello para integrarse nun maior e máis viable. Un dos argumentos que se empregaba para a creación de novos concellos era o de darlle nome a súa poboación. Deberemos ser capaces de crear formulas imaxinativas para darlles nome e forma aos novos concellos, ubicar ou centralizar os distintos servizos en distintas poboacións. Un camiño intermedio pero non suficiente, baixo o meu punto de vista, sería nunha primeira fase que distintos concellos poidesen mancomunar servizos, compartindo infraestructruras para xerar aforro.

Todo esto deberiamos enmarcalo dentro da división de poderes do Estado español, que configura a Constitución de 1978, onde en España establece catro niveis de administracións dende a estatal a municipal pasando pola autonómica e provincial. Estructura que sería convinte reprantexar, para ou ben diminuir o seu número ou revisar as súas competencias, evitando os solapamentos que se dán, dando lugar a que a mesma función ou servizo poida estar cuberto por distintas administracións. Actualmente as deputacións provinciais, ou cando menos as súas funcións, están sendo sometidas a un debate público que dalgún xeito debería acabar cunha racionalización das mesmas que evite duplicidade de personal e de servizos. Algunhas deputacións gastan unha parte moi importante dos seus recursos en personal, moitas veces condicionadas máis por colocar aos “amigos” que centrados na prestación de servizos aos cidadáns.

Esta é a grandes rasgos a reflexión que sobre a funcionalidade dos concellos se debe prantexar para dar unha respostas máis eficaz aos veciños, buscando ao mesmo tempo un aforro económico.

Pedro Chao Polo

Exit mobile version