Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros anuncia que unha empresa informática sueca busca enxeñeiros para instalarse na localidade

Nota de prensa

UNHA EMPRESA SUECA, QUE SE ADICA Á CREACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS, AMÓSASE INTERESADA EN INSTALARSE EN BARREIROS, SEGUNDO VEN DE DAR A COÑECER ALFONSO FUENTE PARGA. A SÚA IMPLANTACIÓN SUPORÍA A CREACIÓN DE 15 POSTOS DE TRABALLO.

Barreiros, 15 de setembro de 2011. Unha empresa sueca, que se adica á creación de sistemas informáticos, amósase interesada en instalarse en Barreiros, segundo daba a coñecer esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

O rexedor asegurou que “esta firma quere saber con qué factor humano pode contar na Mariña, polo que nos pediron que requisásemos para a nosa bolsa de emprego currículos de enxeñeiros industriais ou estudiantes de último curso (preferiblemente na especialidade de dinámica de fluidos ou elementos finitos), enxeñeiros de telecomunicacións ou enxeñeiros en informática. Esíxese nivel alto de inglés”. A instalación desta empresa sueca en Barreiros suporía a creación de 15 postos de traballo.

Fuente Parga explicou que “o persoal que resultase seleccionado recibiría formación no extranxeiro durante seis meses e despois voltarían a Barreiros a traballar”. E engadiu que “desde a Alcaldía se prestará toda a información que precisen, para ver si entre todos podemos levar adiante proxectos deste tipo, innovadores e vinculados ás novas tecnoloxías, que creen postos de traballo entre os nosos xóvenes”.

Exit mobile version