Nota de prensa
ALFONSO VILLARES PÍDELLE AOS RESPONSABLES DA DEPUTACIÓN QUE DEMOSTREN DOCUMENTALMENTE AS ACUSACIÓNS VERQUIDAS CONTRA O CONCELLO DE CERVO
Neste senso Villares si rebateu con datos e documentos oficiais as razóns dadas pola Deputación para imporlle unha sanción ao Concello pola colocación duns postes de tendido eléctrico nun vial provincial por parte da empresa concesionaria das obras da rede de saneamento da Senra e negou que os técnicos do ente provincial alertaran en tres ocasións ao Concello desta irregularidade. “En contra do que eles din (en referencia á Deputación), a primeira vez que nos advirten da mala colocación destes postes é o 14 de febreiro, a través dun escrito onde xa se nos anuncia a incoación dun expediente sancionador pola colocación destes postes e onde se nos da un prazo de 15 días para examinar o expediente, presentar alegacións e solicitar práctica de probas” recalcou Villares.
Unha vez recibida esta primeira documentación, o Concello recibe dez días despois (o 25-02-2011) unha comunicación da Consellería de Medio Ambiente (directora de obra do saneamento da Senra) dirixida á empresa concesionaria dos traballos, na que lle ordena á construtora a paralizar os traballos pola existencia deste expediente sancionador. Nesta comunicación a Consellería de Medio Ambiente tamén fai constar que o Concello informou da incoación do expediente á empresa construtora nunha reunión mantida o mesmo día da súa recepción no Concello e dous días despois (16-02-2011) informou do mesmo á Consellería. “Ademais, neste escrito, tamén se di claramente que eu, como alcalde, destaquei a mala execución deste tendido eléctrico e insistín na necesidade da presenza a pé de obra dun encargado da empresa adxudicataria” recalcou o mandatario local.
Segundo indicou o alcalde, a partir dese momento (25-02-2011) os postes eléctricos foron retirados e o Concello non recibiu ningunha outra comunicación verbal nin oficial da Deputación ata pasado un mes (25-03-2011), onde o ente provincial lles comunica a proposta de resolución do expediente sancionador por unha contía de 20.000 euros. Ademais, o alcalde quixo aportar outro documento. Trátase dunha comunicación da da empresa adxudicataria das obras onde fai constar expresamente que nunca recibiron ordenes do alcalde nin de ningún persoal do Concello de Cervo para facer o replanteo, ubicación e colocación dos postes para o subministro eléctrico á depuradora do saneamento da Senra.
Despois de amosar toda esta documentación, Alfonso Villares, volveu a esixir dos representantes da Deputación unha aclaración “con papeis enriba da mesa” das súas acusacións e argumentos para sancionar ao Concello. “A Deputación vai ter que aclarar e demostrar documentalmente todo canto veñen dicindo estes días contra nós sobre este tema. Porque o que está claro é que, coas súas declaracións, o único que fan é reforzarnos na nosa idea da existencia dunha persecución política contra o Concello de Cervo pola súa parte, ao tempo que nos proporcionan máis argumentos para levar a nosa acusación diante dos tribunais por unha presunta prevaricación”.
“Desde logo, estes días xa soubemos algo máis: Soubemos que os veciños deste concello temos a triste honra de ser o primeiro municipio da provincia que é multado pola súa Deputación. E isto é aínda máis triste cando vemos que no Goberno desta Deputación parece ser que figura unha concelleira e veciña deste municipio. A ela e á Deputación lles debemos este honor” recalcou o alcalde.
Por último, Villares sinalou tamén que recorrerán a multa e que abordarán este asunto no vindeiro pleno municipal; ao tempo que tampouco descartou trasladar esta cuestión ao pleno provincial. “O que pretendemos é que non se faga efectiva esta multa, porque queda demostrado que nunca existiu mala intención, nin deixadez de funcións, nin falta de respecto institucional por parte do Concello. O único que houbo foi a xestión dun grupo de Goberno municipal e dun Goberno autonómico do Partido Popular que lograron materializar unha infraestrutura moi necesaria para un lugar do noso municipio, mentres que a Deputación o único que fixo foi perseguirnos e multarnos en lugar de colaborar como é a obriga entre institucións”.
—————–
—————–
RELACIÓN DETALLADA DOS FEITOS SEGUNDO SE FORON PRODUCINDO:
09-11-2009:
Solicitude de autorización para levar a cabo as obras de saneamento da Senra.
16-12-2099:
Chegada ao Concello escrito da Deputación xuntando informe sobre as obras e solicitando documentación complementaria
10-03-2010:
Escrito do Concello reiterando a solicitude de autorización das obras e xuntando a documentación reclamada pola Deputación no escrito anteriormente nomeado.
15-03-2010:
Chegada ao Concello dunha solicitude da Deputación dun compromiso de trasladar á costa do concello as conduccións subterráneas cando o ensanche e outras necesidades da estrada sexa requirido pola Deputación e que xa nos fora solicitado no escrito anterior.
16-03-2010:
Escrito do Sr. alcalde presidente do Concello de Cervo manifestando o compromiso requirido sobre o traslado xa descrito á costa do Concello.
09-06-2010:
Resolución “provisional” ( en espera de que se abonen as taxas), da autorización para a colocación, de 17 apoios. Autorización 204/2010.
13-01-2011:
Chegada ao Concello de Cervo do xustificante de pagamento das taxas para a licencia de colocación de 17 apoios enviado polo tesoureiro da Deputación.
14-02-2011:
Chegada ao Concello de Cervo da Resolución de ordenar a incoación dun expediente sancionador contra o Concello de Cervo pola colocación de dez postes de formigón de oito metros de altura para tendido eléctrico incumprindo as condicións fixadas na autorización 20412010. Prazo: 15 días hábiles para examinar o expediente, presentar alegacións e solicitar práctica de probas.
25-02-2011:
Orde da dirección de obra á empresa adxudicataria de paralización das obras de Saneamento da Senra debido á existencia dun expediente sancionador.
01-03-2011:
Escrito de alegacións presentado polo Concello de Cervo solicitando o arquivo do expediente e xustificando o compromiso da empresa contratada para realizar as obras de restituír o medio físico á situación anterior.
® 25-03-2011:
Chegada ao Concello de Cervo da proposta de resolución recaída no expediente
sancionador para que se podan formular alegación e presentar documentos e informacións que se estimen oportunas. A proposta era de impoñer ao Concello de Cervo unha sanción de 20.000 euros coa esixencia da reposición da situación alterada
poi a infracción.
30-03-2011:
Escrito de alegacións do Concello de Cervo solicitando o arquivo do expediente sancionador.
‘
~, 20-09-2011:
0
Chegada ao Concello de Cervo da Resolución impoñendo unha sanción de
20.000 euros coa esixencia de repoñer a situación alterada pola infracción.
—————–
—————–
Lugo, 31 de Xaneiro de 2011
Orixe: Área de Infraestructuras e Obras (Departamento Xurídico)
Asunto: Expdt. Núm.: 40 /2010
I
Destinatario: Sr. Alcalde -Presidente do Concello de Cervo Praza do Concello s/n 27891 Cervo (Lugo)
Comunico a Vd. que’ con data 11 de Xaneiro do ano actual esta Presidencia prestou conformidade a proposta do Servizo de Vías e Obras que di:
VISTAS as actuacións practicadas en virtude do informe de personal do Servizo de Vías e Obras, o CQntido,das actuacións previas practicadas ao amparo do arta 12 do R.O. 1398/1993, de’4′ de ‘agosto, polo que se aproba o Regulamento . do Procedemento para Q.’ exerciCio da Potestade Sancionadora.
RESULTANDO que polo Con celia de Cervo con domicilio en Praza do Concello s/n Cervo (Lugo), procedeuse a colocación de dez postes de formigón de oito metros de: altura para tendido eléctrico, incumplindo as condiccións fixadas na autorización Núm. de Ref. 204/2010, otorgada por esta Deputación Provincial en fecha 19 de Maio do ano actual, obstruindo o paso de auga pala veirarua e supoñe~do un périgo para a circulación.
CONSIDERANDO que os fe itas indicados poden ser constitutivos dunha infracción administrativa moi grave, (art. 43.4.a, da Lei de Estradas de Galicia), da que aparece como posible responsable directo e pala cal puidese corresponderlle a sanción entre 1.202.02 euros e 150.253.02 euros, (art 47,1 c da Leí de Estradas de Galicia), e segundo o arta 45.a) e b) da Leí de Estradas, deberá proceder á paralizacié>n das actuacións non autorizadas
e “á restitución do medio flsico ás condici6ns anteriores ás actuacións que puidesen constituir infracción” sen prexuízo do que resulte da instrución do presente procedemento.
CONSIDERANDO o sinalado no RO 1398/1993 de 4 de agosto, á vista das disposicións sinaladas e en uso das atrib\lciópp que me confire o arto 34 da leí 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases dF, Réxime Local e a
,.
DEPUTAClÓN PROVINCIAL DE LUCO
Lei 11/99, de 21 de abril. E a lei 57/2003 de 16 de decembro, esta Presidencia RESOLVEU:
1) Ordenar a incoación do expediente sancionador contra o Concello de Cervo
2) Nomear como instrutor a Don José Antonio Arias Vázquez, e como secretario a Don Antonio González Chaín, sendo aplicable aos mesmos o réxime de recusación previsto no arto 29 da Lei de Reximén Jurídico Das Administracións Públicas· e Procedemento Administrativo Común.
3) Conceder un prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte á recepción da notificación da presente resolución, para examinar o expediente e presentar alegacións, documentos e solicitar a práctica das probas que estime pertinentes. De acordo c6 establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento paJa o exercicio da potestade sancionadora do 4 de agosto de 1993 (BOE 9-08-1993) de non efectuar alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación podará ser considerado proposta de resolución.
4) Notificar o presente decreto ao interesado, instrutor e secretario do expediente e aos demais que procedese.
o que traslado a Vd. para o seu coñe mento.
————-
————-
ROYMER OBRA CIVIL S.L.
Telxuguelras, 18
Entresuelo Ofclna lB
San Paio de Navia
SAL. 000442 2B ,02,1 /1 09 :ZG
CP 36312 VIGO
TÍTULO: SANEAMENTO NO NÚCLEO DA SENRA, PARROQUIA DE CERVO.
CERVO (LUGO)
CLAVE: OH.327.587
ASUNTO: SUSPENSIÓN DE OBRA
Antecedentes Administrativos
o contrato de execuclón da obra de referencia fol adxudicada definitivamente por Resolución do 30/07/2010 do Presidente da Empresa Pública de Obras e Servlzos Hidráulicos á ROYMER OBRA CIVIL, S.L. por un importe 399.234,32€.
Aslnouse o contrato 03 de agosto 2010, iniciándose as obras o 06 de outubro 2010.
Antecedentes técnicos
Nos meses de outubro, novembro e decembro 2010, detectáronse e comunicáronse numerosas incidencias relacionadas coa execuclón da obra, e incumprimento de autorizaclóns concedidas por organismos afectados. Axúntase ao presente escrito, o Informe técnico elaborado pala asistencia técnica ca histórico dos problemas xurdidos e as comunlcaclóns correspondentes, sexan por vra telefónica sexan por e-mail ao Xefe de Obra.
Celebráronse diversas reunl6ns na obra e nas oficinas de concello para aclarar as Incidencias constatadas. Ademals o Alcalde de Cervo destaco a ala execución do tendido eléctrico situado no marxe a es r tacO n d Lu o. Insistiuse~ a a e a presenza “a pe de obra” dun encargado da empresaadxÚalcataria.———————————~
O Concello de Cervo informa 9.. 16 de febrelro 201.1. da apertura dun expediente sancionador por parte da Deputacl6n de [ugo relaclonado coa colocación de dez postes eléctricos de formigón que Incumpren as condicións flxadas na autorización 204/2010 do 19 maio 2010. O documento fol remitido á ROYMER OBRA CIVIL{ S.L. nunha reJ,mión celebrada… o mesmo día no concello, quedando parallzaaa as actuacións non autorIzadas e eslxíndo “á restitución do medio. físico ás condicións anteriores as actuaci6ns que pUldesen constituir Infracclon’¡. A asistencia técnica da oDra preparou a documentaCión técnica necesaria para as alegaclóns, remltlndo dlta Información ao Xefe da obra o 18 de febrelro 2011. O 24 de Febrelro 2011, Informase ao Xefe da Obra da non presentación das alegac\6ns ao Conceilo destacando a finalización do prazo o 28 de febrelro 2011.
/’
,ti”
. \
Ó~rA DE GALICIA Rila Doutor Maceira nO 18· baíxo
1~7()6· Santiago de Compostela
‘, “. XACOBEO 2010
“.. ‘CONSELLERfA DE MEDIO AMBIENTE,
TIfo,,: 98195 74 01/981957427
. . TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Fa.: 981 95 74 03
Galicia
” .. “.,.” EMPRESA POOUOA OE OBRAS ESEAVIZOS HloRAuucos
A
.t.
/ o 24 de febrelro 2001, detéctanse novas incidencias relacionadas coas obras de saneamento executadas na estrada CP1509 incumprindo nova mente as condlci6ns I / / fixada na autorizacl6n da Deputaci6n de Lugo.
Finalmente a data do 25 de febrelro 2011, non se ten constancia da execuci6n do plan de control de calldade
ResQlucl6ns
A vista dos antecedentes técnicos,
•
paralízanse Inmediatamente as obras de SANEAMENTO NO NÚCLEO DA SENRA, PARROQUIA DE CERVO. CERVO (LUGO)
•
Comunicase o cese do Xefe de Obra Apolinar Rodrlguez
•
Requírese de forma Inmediata a presenza dun encargado de obra da empresa adxudicataria con dedlcaci6n exclusiva.
• Nun prazo de quince días, emendásense todas as incidencias, deficiencias e ¡-, Incumprimentos comunicados ata a data e recollido no informe que se achega
tf:ei
Santiago de Compostela, 25 de febreiro