Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo explica que a Feira da Horta foi un exito que reuniu a centos de persoas

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ AMOSOU A SÚA SATISFACCIÓN TRAS O ÉXITO COLLEITADO ONTE POLA NOVA NOVENA EDICIÓN DA FEIRA DA HORTA. O EVENTO REUNIU A CENTOS DE PERSOAS QUE ACUDIRON A MERCAR OS PRODUTOS DA HORTA RIBADENSE E A DEGUSTAR OS PRATOS PREPARADOS POLOS HOSTALEIROS DA VILA.

Ribadeo, 26 de setembro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, amosou a súa satisfacción tras o éxito colleitado onte pola novena edición da Feira da Horta. O evento reuniu en Ribadeo a centos de persoas que viñeron mercar os produtos da horta ribadense e degustar os pratos preparados polos hostaleiros da vila.

O rexedor expresou a satisfacción “por cómo se desenvolveu , por cómo foi adiante esta feira de produtos da horta con actividades e con actos o sábado e sobre todo o domingo. Debo destacar a grande cantidade de persoas que viñeron comprar e degustar as preto de 1.000 racións, que se prepararon con produtos cedidos polos propios produtores da horta e preparados polos hosteleiros de Ribadeo, por moitos deles”.

Suárez Barcia subliñou que “as cousas que organizamos desde o Concello, pero que contan coa colaboración doutras entidades coma nesta ocasión foron A Sucadoira ou ACISA, saen moito mellor e son máis rendibles para Ribadeo. Foi un traballo en colaboración entre produtores, hostaleiros, Concello, en momentos de crise e en momentos importantes os resultados vénse ás claras que son francamente positivos, polo número de persoas que viñeron, polo ambiente que se deu onte á vila de Ribadeo, por tentar entre todos traballar para capear mellor esta situación, de dignificar os produtos do agro e o traballo destas persoas que labran produtos de calidade e os hostaleiros deste sector de servizos tan importante que temos en Ribadeo”.

O alcalde engadiu que “éstas son as cousas que nos gusta facer desde o Concello de Ribadeo e nesa liña seguiremos traballando no futuro desde a Área de Comercio que dirixe Ana Martínez

Exit mobile version