Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo explicou que os fogos artificiais das festas serán no porto por seguridade

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ DESÉXALLES A VECIÑOS E VISITANTES UNHAS BOAS FESTAS DA PATRONA 2011. O REXEDOR SUBLIÑA QUE POR MOTIVOS DE SEGURIDADE OS FOGOS ARTIFICIAIS DO 7 DE SETEMBRO SERÁN NO PORTO.

Ribadeo, 2 de setembro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, convida aos veciños de Ribadeo, da Mariña e do Occidente astur a disfrutar das festas da patrona que dan comezo no día de hoxe. Os fogos artificiais do 7 de setembro serán, coma todos estes anos, no porto en Porcillán.

O rexedor sinalou que “principiamos esta noite as festas patronais de Ribadeo, unhas festas novas, diferentes, unhas festas que poderán ter cousas boas e malas como todos os anos, pero quero dicir que a comisión traballou a reo para facer unhas boas festas. As orquestras e as actividades programadas son de valorar positivamente”.

Suárez Barcia lembrou que “cando empezamos hai xa meses a pensar nesta nova organización contamos coa colaboración, co apoio e co impulso expreso de ACISA, a asociación de comerciantes de Ribadeo, que sempre estivo disposta a traballar desde o cambio das propias festas a todas as demáis actuacións. Da man entre o Concello e ACISA, pero con esta nova comisión que apoia a asociación de comerciantes iniciamos esta andaina, que espero sexa moi positiva para Ribadeo”.

O alcalde convida “a todos os veciños e veciñas de Ribadeo a que participen nas festas, convidar aos nosos amigos da Mariña e do Occidente astur a acudir a Ribadeo a disfrutar desta cita que este ano se celebra no aparcamento municipal. E lembrar que o día 8, despois da misa cantada pola Coral Polifónica, haberá unha actuación da Banda Municipal de Música de Ribadeo no parque de San Francisco”.

Fernando Suárez subliñou que “por unha cuestión de seguridade a noite do 7 os fogos artificiais serán no peirao en Porcillán. O resto de actividades serán no aparcamento. Deséxolles a todos unhas boas festas da patrona 2011 e que lle dean un voto de confianza a esta comisión porque todo o seu traballo é de colaboración e co ánimo de facer as mellores festas posibles”.

Exit mobile version