Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo require á Xunta para que instale bandas de protección na LU-133 na que houbo outro accidente

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ENVÍA UN NOVO REQUERIMENTO Á XUNTA PARA QUE PROCEDA A INSTALAR BANDAS DE PROTECCIÓN NUN TREITO DA ESTRADA REME-VILAMAR NO QUE ONTE DE PRODUCÍA OUTRA SAÍDA DE VÍA.

Ribadeo, 14 de setembro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, envía un novo requerimento á Xunta para que proceda a instalar bandas de protección nun treito da estrada autonómica LU-133 (Reme-Vilamar) no que onte se producía outra saída de vía. A Policía Local ten coñecemento de que nos últimos meses se produciron 10 saídas de vía nese punto.

Suárez Barcia referíuse hoxe de novo “á situación deste accidente que se producía na tarde de onte, pero que xa é o enésimo que se rexistra nun treito moi concreto da estrada Reme-Vilamar, vía de titularidade autonómica. Xa hai tempo que lle indicamos á Xunta que procedía poñer unha bionda ou unhas bandas de protección porque o día menos pensado imos ter unha víctima mortal xa que os coches caen por un barranco moi fondo e ao final hai un rego. De momento todos os sinistros se están saldando con danos materiais, pero calquera día pode pasar algo máis grave”.

O rexedor descoñece “cantas veces temos que advertir do perigo desta situación para que se tomen medidas por parte de quen as ten que levar adiante que é a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Agardo que sexa a última vez que desde o Concello de Ribadeo enviamos un requerimento deste tipo porque o día menos pensado vai haber que lamentar unha víctima mortal e alguén se terá que facer responsable”.

Exit mobile version