Nota de prensa
“O Bng de Alfoz insta ó concello a que adapte a altura do tendido eléctrico as altura das estradas”
Dende o Bng de Alfoz presentamos unha moción para instar a alcaldía a que adapten a altura das redes de cableado que existen sobre as estradas a altura das mesmas.
Tras as melloras que se fixeron de algunhas carreteras do concello aproveitando as obras de concentración parcelaria e o seu posterior asfaltado, como é o caso da estrada que vai dende Reirado a Lagoa, elevouse considerablemente a altura de rodadura da mesma e reduciuse a altura da estrada co tendido eléctrico e o tendido telefónico.
Igual que pasa en moitos concellos, realízase asfaltado sobre asfaltado, a altura das estradas vai incrementándose e nadie preve o efectos que iso produce.
Isto ocasiona que moitos usuarios das estradas con permisos especiais para a circulación por as mesmas non poidan facelo con normalidade debido a que os seus vehículos colisionan cos cables do tendido eléctrico.
En Alfoz operan moitas empresas do sector forestal, moi importantes para a economía local, con permisos para circular con alturas superiores os 4 metros pero debido a altura que ten na actualidade o tendido con respecto a altura de rodadura nos lles permite circular por moitas desas vías cos conseguintes prexuizos.
“Cada día o alcalde nos demostra o caro que nos sae a todos o veciños xa que a gran parte de problemas que sufren os veciños de Alfoz pasan axenos a el”
Dende o Bng esiximos que se revisen todas as estradas do concello nas que se acometeron melloras, e se elevou a altura de rodadura disminuindo así a distancia co tendido eléctrico e telefónico, e se adapte a altura do tendido as circunstancias actuais das estradas para que os usuarios afectados poidan circular polas vías con normalidade.