Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz presenta unha iniciativa para que se recupere o río Ouro

Nota de prensa

“O BNG de Alfoz presenta unha iniciativa para que se recupere o río Ouro”

O Ouro é un dos principais ríos pesqueiros da provincia de Lugo, que igualmente aporta para Alfoz un importante patrimonio natural e unha gran riqueza biolóxica, sendo tamén un importante atractivo turístico para o noso concello.

Que xa solicitamos noutras ocasións a limpeza do mesmo, e ainda que se limparon certas zonas existe moita maleza e suciedade acumulada en gran parte do río.

Que dende o BNG xa falamos coa asociación Amigos do Ouro e con empresas do sector forestal e se mostran moi animosas a colaborar coa limpeza do río.

“O Ouro é un importante patrimonio que temos no concello e que aporta gran riqueza o mesmo, e unha pena no estado que están alguns tramos”

“ Ter o río en bó estado é unha fonte de ingresos extra para o concello gracias a súa explotación turística”

Presentamos unha iniciativa para dende o concello se realice un convenio ou acordo para organizar xornadas de limpeza do río, dos seus afluentes e canais anexos, dandolle prioridade a parte do río que vai dende a ponte do frenazo a parte alta do río é o canal de Carrocide.

Que involucre a asociación Amigos do Ouro, asociación que organiza xornadas de limpeza do río habitualmente e asociacíon que se compromete a xestionar os permisos necesarios para a limpeza do río, así como mellores coñecedores da realidade do río

Que se involucre a empresas do sector forestal para que de forma gratuita e puntual aporten maquinaria para poder sacar a madeira do río, como se ten feito noutros concellos veciños.

Que dende o concello se aporte maquinaria e persoal para a limpeza dos ríos cando se acorde unha xornada de limpeza.

“Con está iniciativa pódese garantir que o río, os seus afluentes e canais estean nun estado de conservación óptimo constantemente cun coste moi reducido, cun convenio no que interveñen diferentes axentes sociais que colaboran de forma altruista”

Exit mobile version