Nota de prensa
“O Bng de Alfoz presentou insta ó concello a que se sinalicen totalidade de barrios do concello”
Presentamos unha moción para no vindeiro pleno tomar o acordo para que se sinalicen todos os barrios e lugares do concello.
En Alfoz, na actualidade existen gran número de núcleos de poboación e barrios do concello sin sinalización. En numerosos casos xera confusión e inconvintes no momento de localizar un lugar determinado tanto por alguns veciños do concello como por persoas alleas ó mesmo.
Igualmente en moitos casos de urxencias, como cando se realizan chamadas ó 061 as ambulancias unha vez no concello, non consiguen localizar o núcleo dende onde recibiron a chamada cos gravísimos prexuizos que iso pode ocasionar nunha urxencia sanitaria na que uns minutos poden ser vitais.
“É algo que tan só require boa voluntade por parte do concello, xa que o custo non e nada levado”
“Así poderiamos evitar moitos inconvines no día a día e que nalgúns casos poden ser moi negativos para os veciños”
Polo tanto instaremos o alcalde a que tome a medidas oportunas para que sin moita demora se inicie o proxecto para a sinalicación da totalidade de lugares e barrios do concello.