Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz apoia á mobilización da Comisión Focega en defensa da sanidade para o sábado contra os recortes da Xunta en Foz

Nota de prensa

O BNG APOIA A MANIFESTACIÓN DESTE SÁBADO CONTRA OS RECORTES NA SANIDADE LEVADA A CABO POLA XUNTA EN FOZ

Foz, 28 de setembro de 2011.- O BNG de Foz emitiu hoxe unha nota onde manifesta o seu apoio á mobilización convocada pola Comisión Focega en defensa da sanidade pública para este sábado, día 1 de outubro así como a crítica ao PP por non votar no Parlamento a favor da proposición do BNG de manter a ambulancia do 061 de Foz.

Para o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta “esta é unha manifestación necesaria diante dos continuos ataques que por parte do PP na Xunta se están a producir contra a sanidade pública no noso Concello. En pouco tempo os focegos vimos como nos sacaron o servizo da ambulancia asistencial do 061 polas noites e como nos van a deixar sen o médico que atendía as urxencias no Centro de Saúde ata as dez da noite”.

Para o BNG é impresentable que estas medidas se tomaran da noite para a mañán, sen consenso nin a máis mínima consideración por uns servizos que cubrían a falta dun verdadeiro servizo de urxencias que o propio PP lle negara a Foz cando a implantación do mapa sanitario galego. Isto, como o BNG xa advertira, está traendo xa consecuencias moi graves na atención de urxencias. Así, os tempos de intervención do servizo de 061 xa se duplicaron e triplicaron desde que falta este servizo ao ter que acudir unha ambulancia de fóra da localidade para atender os casos que xorden.

Tamén denunciamos a actitude sumisa do goberno local do PP que en vez de defender o mantemento dos servizos no Concello avoga aplaudir a decisión da Xunta de sacárnolos. “Mentres noutros concellos no mesmo caso que Foz como Barreiros ou o Valadouro o PP manifestou a súa oposición aquí o alcalde e o grupo de goberno achanta co que ordena a Xunta”, dixo Basanta.

O BNG chama a todos e todas os veciños a acudir á manifestación convocada para este sábado en defensa do mantemento dos servizos sanitarios no noso concello e da sanidade pública, a única que garante a igualdade e a calidade na atención sanitaria.

Exit mobile version