Nota de prensa
O BNG xovense quere unhas eleccións “limpas”
Os nacionalistas presentarán unha moción para que a Administración local habilite taboleiros ou paneis para a colocación de propaganda electoral
López declarou que, tras esta iniciativa no Bloque xovense, “só queda que o pleno aprobe a nosa moción” e, deste xeito, “se habiliten taboleiros ou paneis en todas as parroquias onde poder colocar a propaganda electoral en futuros comicios, a comezar polas vindeiras Eleccións Xerais que se celebrarán o 20 de novembro”. Desde o BNG insistiron en que, así, “daremos unha imaxe moderna e civilizada, o que contribuirá a facer de Xove un municipio atractivo e coidadoso co noso entorno”.