Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defende unha política económica diferente á levada a cabo polo PP e o PSOE

Nota de prensa:
O BNG DEFENDE UNHA POLÍTICA ECONÓMICA DIFERENTE Á LEVADA A CABO POLO PP E O PSOE

Hoxe terá lugar un acto público, ás 20.30 da noite na Sal Multiusos do Antigo Concello de Viveiro, onde o BNG exporá as súas alternativas económicas a unhas políticas do PP e PSOE que non logran combater a crise

O acto contará coa presenza de Fernando Blanco, deputado do BNG no Parlamento e candidato ao Senado, Bernardo Fraga Galdo, Tte. Alcalde de Viveiro e candidato do BNG ao Senado, e María Xosé Vega Buxán, candidata ao Congreso

A Mariña, 19 de setembro de 2011. O BNG vai levar a cabo unha xeira de actos públicos para trasladar á cidadanía e contrastar con ela as consecuencias da crise e as posíbeis alternativas a ela que se poden adoptar desde os poderes públicos. Por este motivo, hoxe luns día 19 de setembro terá lugar un acto público, ás 8,30 da tarde na Sala Multiusos do Antigo Concello de Viveiro, onde o BNG exporá as súas alternativas económicas a unhas políticas do PP e PSOE que non logran combater a crise e aínda fan afondar máis se cabe nela. Ademais, os membros do BNG exporán aos veciños e veciñas de Viveiro as consecuencias que para os galegos e galegas vai traer consigo a reforma da Constitución cociñada entre o PP e o PSOE, xa que é unha reforma que afecta negativamente a Galiza porque Galiza -con pensións e salarios máis baixos, cun ritmo de destrución de emprego superior ao do Estado- é especialmente vulnerábel á política dos recortes, ademais de porque viola o noso dereito ao autogoberno, ao limitar a capacidade do noso país para intervir na economía nun sentido positivo.

O acto contará coa presenza de Fernando Blanco, deputado do BNG no Parlamento e candidato ao Senado, Bernardo Fraga Galdo, Tte. Alcalde de Viveiro e candidato ao Senado, María Xosé Vega Buxán, candidata ao cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados, quen defenderán as alternativas que o BNG pon enriba da mesa, que van encamiñadas a defender os nosos sectores produtivos: aos produtores dos sectores agrario e forestal, ao sector `pesqueiro, ao pequeno comercio local, aos autónomos ou a pequena e mediana empresa, etc, que son os que xeran riqueza e postos de traballo no noso país e axudan a manter poboación.

Campaña informativa con catro actos na comarca dan comezo hoxe en Viveiro

Ao acto que terá lugar hoxe no Sala Multiusos do Antigo Concello de Viveiro a partir das 20..30 sucederanse outros tres: a comezar polo que está previsto para o mércores 21 na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz a partir das 20.30 coa presenza do membro da Executiva Comarcal do BNG e portavoz no Parlamento Galego, Carlos Aymerich; o luns 26 no Salón de Conferencias de Burela ás 20.30 coa presenza de Fernando Blanco e parqa rematar o venres 30 de setembro no Salón de Actos da Casa Sindical de Ribadeo ás 20.30 coa presenza dos dous cabezas de lista do BNG ao Congreso e Senado, respectivamente, María Xosé Vega Buxán e Fernando Blanco Álvarez.

Exit mobile version