Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o goberno municipal de Cervo está a usar as arcas municipais en beneficio persoal

Nota de prensa

O BNG ACUSA AO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL DE USAR AS ARCAS MUNICIPAIS PARA BENEFICIO PERSOAL

Durante o mes de xullo celebráronse tantas Xuntas de Goberno como nos seis meses anteriores e vinculan o incremento ao cobro de 150 euros por sesión de dúas concelleiras

O PP obvia que está xestionando o concello mais endebedado da provincia

Cervo, 2 de setembro de 2011. O BNG denunciou o abuso que está a facer o goberno local das arcas municipais no seu propio beneficio obviando que xestionan o concello mais endebedado por habitante da provincia. Segundo os nacionalistas en un mes a Xunta de Goberno Local reuniuse tantas veces como o fixo entre os meses de xaneiro a xuño deste ano e vincularon este incremento a que agora hai dúas concelleiras do goberno que cobran 150 euros por sesión e antes non se cobraba nada. Segundo o portavoz municipal nacionalista Xoán Antón Estúa García, ao PP non lle chega con ter catro dedicacións e unha ex – concelleira cobrando como asesora, tamén fai cadrar as contas para que dúas concelleiras sen dedicación cobren tanto ou mais que os demais.

Vinculan o incremento das reunións da Xunta de Goberno ao pago por asistencia que antes non se producía.

O BNG xa denunciou o excesivo gasto do grupo de goberno aprobado para o actual mandato polo goberno municipal de Cervo, segundo os nacionalistas o monto total do gasto anual suma 103.300 euros anuais no que se inclúe unha dedicación exclusiva, tres parciais e unha asesora ao que hai que sumar o pago de 150 por asistencias a Xuntas de Goberno por cada unha das dúas concelleiras que forman parte deste órgano xunto co alcalde e José Manuel Balseiro que non cobran por asistir. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “denunciou que durante o mes de xullo celebráronse tantas sesións da Xunta de Goberno como durante nos seis primeiros meses do ano e vinculou o incremento ao cobro de asistencias que antes non se facía” , segundo Estúa “as concelleiras Tania González e Yolanda Pedreira cobrarán 600 euros cada unha por asistir a catro sesións”

Nin o contexto económico nin a situación do concello permiten un gasto tan voluminoso

Os nacionalistas lembraron que a débeda viva do concello de Cervo, segundo os datos ofrecidos polo propio concello supera os 880 euros por habitante, “a mais elevada da provincia”, pero o grupo de goberno do PP parece non ter reparos en beneficiarse das arcas municipais ao mesmo tempo que é incapaz de reducir a débeda municipal. Estúa cualificou de “pouco edificante” a actitude do grupo de goberno local “mais preocupado por encher os seus petos que por xestionar con eficacia os escasos recursos municipais”, o nacionalista criticou que “nos dous meses que levan no goberno dedicáronse a veranear” e insistiu en que as arcas municipais as arcas municipais non so do PP senón do conxunto dos veciños e veciñas de Cervo, sinalando que “Tania González e Yolanda Pedreira cobrarán no mes de xullo 600 euros cada unha por asistir a 5,6 horas de reunión a 214 euros a hora”

Exit mobile version