Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama a participar na mobilización nacional do sábado 17 contra a reforma da constitución

Nota de prensa

O BNG fai un chamamento a participar na mobilización nacional do sábado 17 contra esta reforma da constitución

Os nacionalistas mariñaos sumaranse a esta manifestación e fretarán autobuses dende a comarca que se poden reservar no tlf. 982140654 ou por correo electrónico en amarinha@bng-galiza.org

O acto realizarase na Praza do Obradoiro baixo o lema “pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude.”

A Mariña, 13 de setembro de 2011. O BNG xunto con varias organizacións sociais, sindicais e políticas a comezar polo propio BNG convoca para o vindeiro sábado 17 de setembro ás 18.00hrs. na Praza Do Obradoiro unha mobilización social baixo o lema “pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude.”. Os nacionalistas fan un chamamento a participar e anuncian que poñerán a disposición da cidadanía autobuses que poderán reservarse no tlf. 982140654 ou no correo electrónico do BNG da Mariña amarinha@bng-galiza.org . Segundo explicou Antonio Veiga Outerio, responsábel Comarcal , a reforma da constitución pactada por PSOE e PP “atenta contra os principios básicos da democracia ao non ser consultado o pobo en referendo” e “representa unha agresión sen precedentes ao autogoberno”, alén de significar a “constitucionalización das políticas neoliberais e os recortes sociais”

As políticas neoliberais xa están tendo o seu efecto práctico, incluso antes da consticionalización pactada por PP e PSOE

Antonio Veiga, responsábel Comarcal do BNG, afirmou que “levamos tempo vendo como as decisións tomadas desde que se iniciou o actual período de crise económica, alén de afectar o benestar das maiorías sociais, están a situar ao pé dos cabalos a democracia e o dereito á soberanía e o autogoberno dos pobos.”, segundo Veiga estas decisións “xa están tendo o seu efecto práctico nos recortes sanitarios, educativos e sociais que vemos tódolos días na nosa comarca”, e contan co impulso no ámbito galego do PP de Feijoo e o PSOE de Zapatero en Madrid, “ambos mais preocupados de contentar aos mercados que ao conxunto da sociedade”.

30 anos demandando reformas democráticas da constitución e agora Sarkozy e Merkel impoñen unha reforma antidemocrática que se resolve en quince días.

Antonio Veiga chamou a participar nesta mobilización para “facerse escoitar“ contra o que denominou “intenso ataque ás conquistas sociais que tanto custou conseguir” , e que agora queren eliminar pola vía constitucional e sen consulta popular, “como si a constitución fose patrimonio exclusivo de dous partidos políticos”. O nacionalista cualificou de “inaudito” que PP e PSOE “pacten esta reforma exprés de costas á cidadanía despois de negar durante mais de 30 anos aos nacionalistas unha reforma democrática que permitira o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado“, e agora “non teñen impedimento en facer as reformas ditadas por Sarkozy e Merkel, que atacan directamente o estado do benestar e a capacidade financeira do noso país”, concluíu Veiga.

Convocatoria colectiva

A convocatoria para próximo sábado 17 na Praza do Obradoiro faise baixo o lema “pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude.” O BNG compartirá este lema con organizacións sociais e sindicais como a CIG, a Organización Galega de Montes en Man Común, o BNG, Adega, FRUGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a ASPG, Galiza Nova, os Comités e a Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, entre outros.

Exit mobile version