Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén buscará os primeiros tres puntos da tempada en Andorra

Nota de prensa

OS LARANXAS BUSCARÁN OS TRES PUNTOS EN ANDORRA

Os laranxas xa se atopan en terras pirenaicas, o seu primeiro destino a domicilio de 2011-12, para medirse na segunda xornada de liga ao Hotels Plaza Andorra, mañá ás 18.30 horas.

O Burela FS Pescados Rubén buscará os primeiros tres puntos da tempada, tras o trepidante empate ante ElPozo Ciudad de Murcia (3-3), ante un rival para o que será o debut do exercicio, despois o aprazamento co Martorell. Tras a marcha de Aramburu, Moisés e Xavi, o cadro andorrano presenta para 2011-12 as numerosas novidades de Junior, Miquel, Jonathan, Nacho Llamas, Jorge, Savito e Wellington.

Á baixa de Christian, que se someteu o sábado pasado a unha artroscopia no xeonllo dereito, súmase a ausencia de Iago Míguez no vestiario laranxa; o xogador burelao, que leva algúns días con molestias nun xeonllo, non viaxou aos Pireneos por precaución.

Na tempada pasada, os enfrontamentos entre andorranos e burelaos resolvéronse cun empate (2-2) e un triunfo para os galegos (7-2).

Exit mobile version