Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén empatou no Vista Alegre ante o filial de ElPozo Murcia(3-3)

Nota de prensa

MONTAÑA RUSA NA APERTURA LIGUEIRA FRONTE OS MURCIANOS (3-3)

O Burela FS Pescados Rubén estrea a tempada 2011-12 con empate en Vista Alegre ante o filial de ElPozo Murcia(3-3) nunha cita con proliferación de altibaixos no segundo período.

As cousas comezaron ben para o cadro de Quique García, con intensidade e presión continua. Os laranxas atoparon fendas na defensa levantina e puxeron nervioso o meta rival dende os primeiros minutos. Tras boas ocasións de Clebinho e Purao, pola banda esquerda, e Juanma, pola dereita, a entrada de Dani Martín na pista obtivo o primeiro agasallo (minuto 8) da tempada. Os mariñáns continuaron no empeño de xerar perigo, pero con pouca fortuna; non puido entrar unha boa parede xerada entre Víctor e Juanma e Dani a piques estivo de coar un balón alto. Na súa tentativa de equilibrar o encontro, a escuadra murciana optou polos pases longos dende a meta para sorprender a Iago Barro; a mellor ocasión tívoa a escasos dous minutos para o descanso nun un contra un, ante o porteiro laranxa.

A vertixinosa montaña rusa fixo aparición na segunda parte. Tras dúas magníficas chegadas de Dani Martín e Purao, os murcianos aproveitaron o desasosego do Pescados Rubén para coller a dianteira nun par de minutos, primeiro nun roubo en media pista culminado por Jesús (minuto 21) ante a posición adiantada de Iago e logo Enrique (23), ao apropiarse dunha perda de balón dos laranxas en propia pista. O 1-3 chegou no minuto 32 tras unha galopada de Jesús ante a que non reaccionou o cadro burelao.

Tras a saída de André como porteiro-xogador, os locais intensificaron o perigo; o primeiro paso deuno Víctor Cachón (minuto 35) ao sentenciar un penalti provocado por Jesús. Ique puido igualar a contenda pouco despois, estrelándose con Raúl. As augas volveron ao seu leito, co 3-3 de Dani Martín (39). Na trepidante recta final, Víctor Cachón, ao pé da portería rival, aínda tivo dúas boísimas oportunidades de adiantarse.

Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén- ElPozo Ciudad de Murcia (3-3)

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Juanma, Clebinho, Víctor Cachón y Purao, en el cinco inicial; también jugaron André, Ique, Iago Míguez, Dani Martín, Manu y Turero.

ElPozo Ciudad de Murcia: Raúl, Jesús, Enrique, Suazo y Franklin, en el cinco inicial; también jugaron Rubi, Josema, Míchel y Dani.

Goles: 1-0, Dani Martín, minuto 8; 1-1, Jesús, minuto 21; 1-2, Enrique, minuto 23; 1-3, Jesús, minuto 32; 2-3, Víctor Cachón, minuto 35 (penalti); 3-3, Dani Martín, minuto 39

Tarxetas amarillas: Enrique, minuto 24; Clebinho, minuto 25; Suazo, minuto 27; Jesús, minuto 35

Espectadores: 600

Exit mobile version