Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo Buril organizou o III Aberto do Bonito, proba puntuable para a Liga Nacional de Billarda

Nota de prensa:

A pasada fin de semana tiña lugar no porto de Burela o III Aberto do Bonito, organizado polo Colectivo Cultural Buril. Esta é a terceira edición deste aberto, que ano a ano se vai consolidando como un referente da práctica de dous dos deportes tradicionais máis destacados do País, a billarda e os bolos celtas.

O sábado arrincaba a Liga Nacional de Billarda, sendo este Aberto do Bonito, a primeira proba puntuable do campionato. En canto á clasificación desta primeira xornada estes son os resultados:

INDIVIDUAL: Guille 10 puntos /Martiño 10 id./Juan, Markytos e Xose Rodiño 9 puntos

EQUIPOS: Os Outros 31 puntos/Billardeiros Musicais 30 id./Bateas 29 id.

VARADOS: Guille 2 varados/Juan 1 id./Muriego 1 id.

Xa no domingo, tiña lugar un torneo de bolos das modalidades “punxeiro” e “xove”. De mañá houbo un torneo infantil de bolos, no que todos e todas as participantes levaron como agasallo un trofeo ademáis dun set composto por bolos e bola, para que podan seguir practicando este deporte. Pola tarde celebrouse un torneo de bolos para xente adulta no que tamén todas as persoas participantes recibiron un trofeo. Ademais o primeiro clasificado levou como premio un bonito do norte. En canto á clasifcación, estes son os resultados:

FEMININO: 1º posto para Dolores; 2º posto para Salomé e 3º posto para Carme.
MASCULINO MODALIDADE “XOVE”: 1º Rancaño; 2º Moisés; 3º Toño. Todos eles de Riotorto
MASCULINO MODALIDADE “PUNXEIRO”: 1º Moisés; 2º Rafa; 2º Ginés. Todos eles de Xove.

Exit mobile version