Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela continúa coas actividades da Semana Europea da Mobilidade ata o xoves

Nota de prensa

Seguen as actividades programadas dentro da Semana Europea da Mobilidade, que organizou o Concello de Burela. Hoxe de 16:30 a 18:30 haberá un circuito de bicicletas no pavillón dos institutos. Ás 17 horas alfombra floral confeccionada polos nenos co logo da Semana Europea da Mobilidade, na praza da Mariña. E ás 19 horas, ensaio público tamén na praza da Mariña do grupo de corda da Escola de Música de Burela.

Mañá martes de 16:30 a 18:30 no pavillón dos institutos haberá circuito de karts e ás 19 horas na praza da Mariña ensaio público da Asociación Batuko-Reventola.

Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, o día sen coches, que se celebrou onte, foi un éxito sobre todo pola tarde ao igual que o circuito de karts, “tamén houbo moito afluencia de xente tanto na merenda saudable como na posterior actuación de Batuko-Tabanca. Estamos contentos co resultado desta semana da mobilidade, que continuará ata o vindeiro xoves”.

Exit mobile version