Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela xa pode subministrar enerxía eléctrica a rede desde a instalación fotovoltaica do Vista Alegre

Nota de prensa

O CONCELLO BURELÉS ESTÁ INSCRITO OFICIALMENTE PARA PODER SUBMINISTRAR ENERXÍA ELÉCTRICA DESDE A INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA DO VISTA ALEGRE. GONZÁLEZ BARCIA AGARDA QUE BEGASA INDIQUE O PUNTO DE EVACUACIÓN.

Burela, 2 de setembro de 2011. O Concello de Burela está inscrito oficialmente para poder subminitrar enerxía eléctrica desde a instalación fotovoltaica do Vista Alegre. O alcalde agarda que Begasa indique o punto de evacuación. Por outra banda, José María González Barcia tamén anunciou hoxe que o Concello retomou o proxecto do parque eólico singular.

O concello burelés colocou hai xa un ano unha instalación fotovoltaica no pavillón Vista Alegre coa finalidade, entre outras, de poder subministrar enerxía eléctrica a BEGASA mediante un proceso de venta. Pois ben, o alcalde burelés, José María González Barcia, sinalou que “a Xunta ven de comunicar oficialmente ao Concello burelés a súa inscrición no rexistro de establecementos industriais de Galicia, dentro da actividade de producción de enerxía eléctrica de outros tipos”.

Barcia indicou que “o expediente foi iniciado polo Concello a mediados de xullo, e agora só cabe agardar a que BEGASA nos indique o punto de evacuación, algo que xa lle foi solicitado por escrito no seu momento”. Segundo o rexedor, “non se trata de que BEGASA nos pague como productores de enerxía, senón que o importe da que se produza sexa detraído das facturas que nós abonamos, sexa moito ou pouco, que moito non será”.

González Barcia tamén anunciou que o seu equipo de goberno ven de retomar o proxecto de parque eólico singular que no seu día, con él como alcalde, comenzara a tramitar o Concello. O alcalde dixo que “de feito, solicitámoslle a BEGASA, a instancias da Xunta, un histórico de consumo do ano 2004, e fixémoslle saber á Xunta, por escrito, que estamos interesados en continuar coa tramitación do expediente do parque eólico singular. O que pasa é que non o temos doado, porque a Xunta en dúas ocasións solicitóulle ao bipartito documentación sobre o expediente desta instalación, e nas dúas ocasións o bipartito contestou co seu silencio. Por eso, teño que recoñecer que non son moi optimista ó respecto”.

O alcalde burelés manifestou o seu descontento coas actuacións do bipartito. “Se o informe de Fomento sobre o PXOM estivo tapado desde outubro; se en catro anos non se fixo absolutamente nada para reducir a afectación da variante sobre o solo urbano, agora resulta que nos atopamos con que, por un lado, tampouco en catro anos se moveu nin un só papel sobre o parque eólico singular, e por outro, ainda que o anterior alcalde lareou na prensa sobre as bondades da venda de enerxía producida pola instalación fotovoltaica, resulta que tampouco foron capaces de iniciar o expediente en oito meses. Sinceramente, non sei que facían no concello”, concluiu González Barcia.

Exit mobile version