Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abandona na vía púbica enseres polos que cobra aos veciños por retiralos, asegura o PSOE

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO ABANDONA NA VÍA PÚBLICA ENSERES POLOS QUE COBRA PREVIAMENTE AOS VECIÑOS PARA A SÚA RETIRADA E XESTIÓN OS VECIÑOS DENUNCIAN ADEMAIS, A LENTITUDE NA RETIRADA DESTES ENSERES, QUE SE DEMORA EN MOITOS CASOS MÁIS ALÓ DUN MES

CERVO, 02 DE SETEMBRO.

O entorno do Polígono de Cuiña foi esta vez o lugar elexido polo concello para depositar os enseres dos veciños de Cervo que acudiron ao concello para a xestión destes residuos, que normalmente están compostos por mobles, colchones, e electrodomésticos. O concello de Cervo, en teoría, xestiona estes “enseres” a cambio dunha taxa pola súa recollida e posterior xestión, que varía en función do volumen e tipo de enser; os veciños deben aboar previamente a taxa pero tamén denuncian a lentitude na súa recollida, posto que alguún manifesta que levaba máis dun mes esperando pola súa retirada e despois de chamar varias veces ao concello para recordarllo.

Dende o GMS levamos tempo denunciando a proliferación destes vertedoiros improvisados que afectaron nun pasado á zoa do campo de futbol e aos marxes da carretera da costa á altura do IES Marqués de Sargadelos. Istas actuacións, poñen de manifesto a pouca sensibilidade que amosan os dirixentes locais polo medioambiente

Restos de farois, mobles, tuberías de canalización, plásticos, ladrillos, etc campan as súas anchas ao largo e ancho de todo o concello, o que invita a que outras persoas actúen de igual forma e depositen toda clase de residuos e incluso electrodomésticos con componentes peligrosos nestas zoas sen ningún tipo control e vixiancia.

.

Dende o GMS, instamos ao Goberno local a retirar de forma inmediata os materiais e residuos acumulados no entorno das parcelas do Polígono de Cuiña, para evitar a imaxe que damos de desidia e neglixencia. O concello debe rexenerar os danos derivados desta mala práctica, e buscar e xestionar alternativas, instalando puntos de acopio señalizados e controlados onde se podan almacenar ata o seu tratamento todos os residuos.

Exit mobile version