Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo inicia os cursos de natación para tódalas idades na piscina de Lieiro

Nota de prensa

A PISCINA MUNICIPAL INICIA O VINDEIRO LUNS CURSOS DE NATACIÓN PARA TÓDALAS IDADES

Cervo, 28 de setembro de 2011.- Coincidindo co inicio do curso escolar e coa temporada de outono-inverno, e ao igual que en anos anteriores, a concellería de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe José Ramón Soto, iniciará o vindeiro luns, 3 de outubro, unha oferta de actividades para os usuarios desta infraestrutura deportiva (a única con dimensións olímpicas da provincia).

O programa de actividades abrirase coa celebración de cursos de natación de distintos niveis e para tódalas idades (bebés, niveis 0,1,2,3 e adultos). Estes cursos serán de dúas horas á semana e estarán impartidos polo persoal da propia piscina e os prezos dos cursiños serán de 15,68 € para os socios e de 26,13 € para os non socios (estes últimos terán que engadir 10,45 € de matricula)

Segundo indicou José Ramón Soto, ata o momento o Concello conta cunhas 70 persoas de tódalas idades e niveis inscritas para participar nestes cursos e lembrou que o prazo de matrícula continúa aberto, “polo que animamos a toda a xente a que se apunte e gocen dun deporte tan completo como é a natación”. Así mesmo, lembrou tamén que haberá cursos de aqua-gim en horarios de mañá e de tarde.

Karate
Soto tamén adiantou que outra das actividades programadas para este outono-inverno na piscina de Lieiro será a oferta de clases de karate que serán impartidas por profesores titulados na materia e nas que o Concello colabora cedendo as instalacións onde poder desenvolvelas. As clases abranguerán as seguintes categorías:

Pre-Karate (5-7 anos)
Karate infantil (8-13 anos)
Xuvenil e Adultos.

Os interesados en participar en calquera destas actividades poden formalizar a súa inscrición e ampliar información sobre as condicións dos mesmos e dos horarios de celebración nas instalacións da piscina, en Lieiro (Tfno: 982-594-512).

Mañá, presentación das Escolas Deportivas
Por outra banda, o responsable de Deportes local, adiantou tamén que mañá xoves, 29 de setembro, terá lugar no salón de actos do Concello de Cervo a presentación das Escolas Deportivas Municipais 2011/12

Exit mobile version