Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz organiza o VI Día da bicicleta para o 17 de setembro

Nota de prensa:
Dende a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz imos realizar
o próximo día 17 DE SETEMBRO o VI DÍA DA BICICLETA. A partir das 16:00 h.
terá lugar unha marcha ciclo-turista polo municipio, dirixida a persoas de
todas as idades.

A saída terá lugar do Parque Infantil de tráfico e faremos
un percorrido que nos levará pola ruta das praias (peirao, praia da
Rapadoira, praia de Llas, praia de Peizás e praia da Pampillosa). O lugar de
avituallamento será a área recreativa da praia da Pampillosa. Posteriormente
regresarase ao punto de partida, onde se entregarán agasallos ás persoas
inscritas, así como premios ao participante máis novo/a, ao participante
máis veterano/a, á bicicleta mellor engalanada e ao mellor disfraz. Entre
todos/as os/as participantes tamén se sorteará un VALE PARA CANXEAR POR
MATERIAL DE CICLISMO entre outros agasallos.

As normas que rexerán este V Día da Bicicleta serán as seguintes:

1. A marcha estará aberta a persoas de todas as idades.

2. Non terá carácter competitivo, senón que consistirá nun paseo en
bicicleta de 14 km., aproximadamente, polo municipio de Foz. Percorrido:
Parque infantil de Tráfico-Praia da Pampillosa-Parque Infantil de Tráfico.

3. Todos/as os/as participantes deben aterse ás Normas do Vixente Código de
Circulación na estrada, considerándose responsables de todas as infraccións
que poidan cometer.

4. Para inscribirse as persoas interesadas deben acudir á Casa da Xuventude
do Concello de Foz ou chamar ao teléfono 982 133 037. O prazo remata o 17 de
setembro ata 30 minutos antes de comezar a marcha, no propio Parque Infantil
de Tráfico.

5. Os/as menores de idade deberán presentar a ficha de autorización cuberta
e asinada polos país/nais ou titores/as.

Organizan: Concello de Foz e Club Ciclista Foz. Colaboran: Motos Baltasar,
Distribuciones Carreiras, Frutas Morriña, Bici Total, Coca Cola e Living
Sport.

Exit mobile version