Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo concedeu licenzas de obra para construír cinco naves no polígono industrial

Nota de prensa

O CONCELLO CONCEDEU CINCO LICENZAS DE OBRA PARA A CONSTRUCCIÓN DOUTRAS TANTAS NAVES NO POLÍGONO INDUSTRIAL. ESTES DÍAS DAN COMEZO ALGÚNS DESES TRABALLOS.

Ribadeo, 23 de setembro de 2011. O Concello concedeu cinco licenza de obras para a construcción doutras tantas naves no polígono industrial de Ribadeo, segundo ven anunciar o alcalde, Fernando Suárez. Estes días dan comezo algúns deses traballos.

O rexedor sinalou que “segue pasiño a pasiño esta realidade que xa é o polígono industrial de Ribadeo despois de que se foran vendendo unha serie de parcelas e despois de que o Concello dese xa, a día de hoxe, cinco licenzas de obras. Agora vése cómo se están empezando a construir as naves que albergará este polígono industrial tan bó e tan ben situado, aínda que o momento económico é comprometido”. Suárez Barcia dixo que “a pesares desta mala situación económica global, e Ribadeo non pode ser alleo a esta circunstancia, é importante que unha serie de empresarios e de actividades industriais e comerciais estean construindo o seu lugar para operar desde este polígono industrial”.

O alcalde ribadense lembrou que “os prezos que ten esta política de comercialización de Sepes, que é a empresa pública do Ministerio de Vivenda que xestiona xunto co Concello este polígono, son moi competitivos para o lugar no que está ubicado. E quizáis por todo isto detectamos que segue a vir xente a preguntar por elas, si fose noutro momento sairían como churros, pero na actualidade saen pouco a pouco, o que demostra a viabilidade e a boa situación deste polígono industrial, que está moi ben comunicado coa autovía e tamén co porto a través da circunvalación e que ten unha proxección moi boa. En canto a situación económica mellore un pouco as vendas irán como deberan ir neste momento”.

Exit mobile version