Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo organiza a IX Feira da horta o 25 de setembro na praza da abastos

Nota de prensa:

O 25 DE SETEMBRO CELÉBRASE A IX FEIRA DA HORTA NA PRAZA DE ABASTOS. ESTÁ ORGANIZADA POLO CONCELLO E A SUCADOIRA E CONTA COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE RIBADEO. OS HOSTALEIROS ELABORARÁN OS PRATOS QUE SE SERVIRÁN NA DEGUSTACIÓN POPULAR A PARTIRES DAS DÚAS DA TARDE.

Ribadeo, 22 de setembro de 2011. O vindeiro domingo, 25 de setembro, celebrárase a IX edición da Feira da Horta que terá lugar na praza de abastos de Ribadeo durante toda mañá. O evento está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira e conta coa colaboración de ACISA, a través da súa sección de hostalaría, e de Caixa Rural.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, asegurou que “esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival do mercado dos domingos. Está organizada polo Concello Ribadeo e pola Asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira e como novidade nesta edición contaremos coa estreita colaboración da Asociación de Comerciantes de Ribadeo na súa sección de hostalaría e co apoio económico da Caixa Rural”.

A edil nacionalista sinalou que “a feira dará comezo ás 9:00 horas na praza de abastos, onde poderemos atopar unha exposición e venda de produtos locais da horta e outros máis laborados como queixo ecolóxico, conservas, coitelería, embutidos e panadería, entre outros. Durante toda a xornada haberá obradoiros para os nenos e nenas así como tamén un taller de cestaría con mimbre. Tamén colaborarán na animación da feira a escola de baile Amigos da Gaita e o grupo tradicional da localidade Alesancia. Paralelamente organízase un concurso de fotografía para promocionar o valor do noso e o consumo local. As fotos terán que ser feitas cun teléfono móbil durante o propio domingo e terán como temática a horta. Dito concurso está dotado con 2 premios de dúas cestas de produtos locais e artesanais”.

E ás 14:00 horas terá lugar a xa tradicional degustación popular con pratos elaborados pola hostalaría de Ribadeo e con productos da horta da zona. “A praza de abastos convertiráse nun escaparate da nosa gastronomía local, xa que por un banda teremos os produtos locais, frescos e de alta calidade, e por outra a súa elaboración da mán dos profesionais da hostalaría ribadense”, engadiu Ana Martínez. Ademáis durante a fin de semana, mañá venres e o sábado, os hostalerios de Ribadeo servirán tapas adicadas aos produtos da horta. Serán un total de 60 locais asociados a ACISA os que acollan este tapeo, segundo explicaban Ana Martínez e o presidente da Asociación de Comerciantes, Francisco Iriarte.

A concelleira de Desenvolvemento Local subliñou que “este evento ten como obxectivo principal promocionar o consumo consciente e local así como apoio á creación canles de comercialización máis curtas e directas cos clientes, o cal redunda no mellora e sostenibilidade da economía local. Desde o Concello convidamos a participar a toda a cidadanía a achegarse a feira e colaborar co desenvolvemento local da zona”.

Pola súa banda, Francisco Iriarte dixo que “ACISA sempre está aberta a colaborar coas asociacións e co Concello de Ribadeo. Todo o que sexa bó para calquera destes colectivos será bó para nós. O que queremos é que a xente veña a Ribadeo e que sigamos a ser o referente de toda a Mariña e o Occidente asturiano”. E engadiu que “os produtos da horta de Ribadeo son consumidos por todos os hostaleiros do concello, para nós non é unha novidade, para nós é o habitual, aínda que queremos dalos a coñecer á xente. A horta ribadense ofrece un produto de primeira calidade que en canto o proben vánse namorar del. Invitamos á xente a acudir á IX Feria da Horta e así aproveitan para probar todo o que se vai elaborar para a degustación popular porque van quedar impresionados”.

Exit mobile version