Site icon Crónica3.com A Mariña

O curso das escolas deportivas de Burela comezarán o 3 de outubro

Nota de prensa:

AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CURSO 2011/2012 COMEZARÁN O VINDEIRO 3 DE OUTUBRO. SERÁN GRATUITAS E ESTÁN DESTINADAS A NENOS E NENAS NACIDOS ENTRE OS ANOS 1995 E 2006. AS NOVIDADES DESTE ANO SERÁN PATINAXE ARTÍSTICO E BALLET.

Burela, 26 de setembro de 2011. As escolas deportivas municipais do Concello de Burela do presente curso 2011/2012 comezarán o vindeiro 3 de outubro. Están destinadas a nenos e nenas nacidos entre os anos 1995 e 2006 e son gratuitas. As novidades deste ano, segundo adiantou a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, son patinaxe artístico e ballet.

O alcalde burelés, José María González Barcia, sinalou que “desde a miña responsabilidade como rexedor entendo que o Concello cubre as expectativas que tiñamos previstas no sentido de ofertar unha serie de actividades o suficientemente amplas como para que enchan os desexos dos nenos e nenas e dos pais e das nais, aínda sabendo que é prácticamente imposible facer coincidir a oferta coa demanda ou viceversa”. O rexedor dixo que “nós o que pretendemos é chegar ao maior número posible de nenos e nenas” e lembrou que “quen puxo en marcha as escolas deportivas neste Concello foi o PP na anterior etapa de goberno. Apostamos por un compromiso co deporte de fase e coa formación integral do alumnado e eso é o único que nos ten que mover para ofertar a maior cantidade posible de actividades tendo en conta a situación na que nos movemos, de crise económica moi forte, que provoca que os Concellos teñamos que facer auténticos malabares para, cos cartos que temos, poder seguir ofertando senon máis sí tanto como viñamos ofertando ata o de agora. Cartos temos bastantes menos, pero a oferta é interesante”.

González Barcia manifestou que “pode que haxa algunha demanda por parte dalgún pai, nai, neno ou nena que non poida ser atendida, pero a inmensa maioría sí están cubertas por parte da oferta que fai o Concello de Burela. Estamos satisfeitos da proposta que facemos e agardamos que a participación dos nenos e nenas de Burela sexa maioritaria como foi en todos estes anos anteriores, como o foi desde os anos 96/97 ata a actualidade”.

A edil de Deportes explicou que “a tempada dará comezo o 3 de outubro e rematará o 31 de maio. As actividades serán gratuitas e as fichas de inscrición entregaránse no Concello antes do venres 30 de setembro”. As novidades deste curso son o patinaxe artístico e o ballet. A concelleira popular indicou que “o patinaxe artístico será os martes no pavillón dos institutos, e ballet os xoves na Casa da Cultura. Haberá xogos tradicionais no pavillón dos institutos os luns, tenis no pavillón dos Castros os luns e os xoves e patín lúdico os venres no pavillón dos institutos. O bádminton será os mércores no pavillón dos Castros e o tenis de mesa na Casa da Xuventude os xoves”.

Exit mobile version