Site icon Crónica3.com A Mariña

O día 25 iniciase o mercado dominical de fabas ao por maior en Lourenzá

Nota de prensa

Concellería de Medio Rural

As 8:30 h como ven sendo habitual

O PRÓXIMO DOMINGO 25 DE OUTUBRO INICIASE O MERCADO DOMINICAL DE FABAS

Haberá dúas zonas diferenciadas sendo necesaro o Carné de Produtor de Faba

Este ano hai actualizados 322 carné de fabeiro que corresponden a 104 Hectareas sempradas

A través deste mercado, só de outubro a decembro pasaron da orde de 100.000 kg de faba

Lourenzá, 23 de outubro do 2011.- O vindeiro domingo día 25 iniciase en Lourenzá o mercado dominical de faba ao por maior. A hora de apertura será as 8:30 a.m. como ven sendo habitual.

Como en anos anteriores no mercado haberá dúas zonas claramente deiferenciadas para os produtores de Faba con carné expedido e renovado polo Concello, para o que será imprescindible treer o carné actualizado para poder aceder a zona reservada para Faba de Lourenzá a Granel. “Quixera aproveitar para pedir a colaboración có persoal do Concello que se situa na porta da entrada para regular a entrada de vehículos”, dí Emma Alvarez, “só desta maneira daremos garantía aos compradores e consumidores de que o estamos a facer ben”

O Concello de Lourenzá só expide carné aos concellos que a IXP Faba de Lourenzá no seu regulamento establece como produtores, non obstante, a xente que se achegue de outros concellos como por exemplo Riotorto terán que aceder a parte datrás do recinto para vender a súa producción.

Este ano están actualizados 322 carnés de fabeiros que corresponden a 104 hectareas de faba sembrada. Na campaña pasada só se actualizaran 302 carnés.

A importancia deste mercado ven dada por exemplo nos kilos de fabas que se trasferiron dende outubro a decembro do ano pasado que ronda os 100000 kg de fabas transacionados das 86 Hectareas que o ano pasado se rexistraron.

Exit mobile version